Decreto 122/2005, do 28 de abril, polo que se acorda a cesión, a título gratuíto, do dereito de uso do inmoble situado na parroquia de San Salvador de Muxa, termo municipal de Lugo, coñecido como Antiga Estación de Inspección Técnica de Vehículos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Asociación Provincial de Reparación y Venta de Automóviles y Recambios (Aprevar) solicitou a cesión do inmoble situado na parroquia de San Salvador de Muxa, termo municipal de Lugo, coñecido como Antiga Estación de Inspección Técnica de Vehículos, co fin de utilizar as instalacións para a impartición de cursos de formación e capacitación profesional.

O dito inmoble consta no Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia co código de C0171; foi desafectado do dominio público mediante o Decreto 130/1996, do 29 de marzo, (DOG nº 75, do 17 de abril) e declarado alleable por Orde do 29 de maio de 1996, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 201, do 14 de outubro).

Por instancias da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda, tramitou o expediente de cesión do uso do inmoble de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, e tendo en conta o informe favorable da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de abril de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor da Asociación Provincial de Reparación y Venta de Automóviles y Recambios (Aprevar), do dereito real de uso do inmoble situado na parroquia de San Salvador de Muxa, termo municipal de Lugo, coñecido como Antiga Estación de Inspección Técnica de Vehículos, que está inscrito no Rexistro da Propiedade de Lugo nº 1 no tomo 749, libro 336, folio 217, predio número 24.708, inscrición 3ª.

Artigo 2º

A cesión do uso queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O fin da cesión do dereito de uso do inmoble coñecido como «antiga estación de inspección técnica de vehículos de Lugo» será a impartición de cursos de formación e capacitación profesional na área da automoción.

  2. A cesión outórgase ata o 31 de decembro de 2011.

  3. Se o dereito cedido non se aplicase ao fin sinalado dentro do prazo dun ano, contado desde o outorgamento da escritura pública, ou deixase de estalo con posterioridade, se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e o uso reverterá á Administración da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR