Decreto 74/2007, do 12 de abril, polo que se acorda a cesión en propiedade, a título gratuíto, do predio situado no p.k. 63,328 da estrada C-552, A Coruña-Fisterra, a favor do Concello de Vimianzo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Vimianzo solicitou a cesión en propiedade dun predio rústico situado no p.k. 63,328 da estrada C-552 A Coruña-Fisterra, coa finalidade de destinalo a área de descanso, incluíndo a realización de traballos de aseamento dunha caseta de legoeiro en ruínas.

A titularidade do ben correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo (BOE nº 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983, do 21 de setembro (BOE nº 255, do 25 de outubro) sobre transferencias de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Polo Decreto 291/2003, do 4 de xuño (DOG nº 124, do 27 de xuño) desafectouse do dominio público, polo que o ben ten carácter patrimonial, e por Orde do 31 de xaneiro de 2007 (DOG nº 38, do 22 de febreiro) declarouse a súa alienabilidade.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda, tramitou o expediente de cesión do inmoble de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do patrimonio da comunidade autónoma.

Consonte o disposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do doce de abril de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor do Concello de Vimianzo, da propiedade do ben inmoble que se describe a seguir:

Predio rústico sito no punto quilométrico 63,328 da estrada C-552 A Coruña-Fisterra, lugar de Repa

rada, no termo municipal de Vimianzo (A Coruña), que ten unha superficie aproximada de 365,80 m. Estrema: ao norte, coa estrada C-552 e María Lavandeira Maceiras; ao sur, con José Antonio Suárez Graíño; ao leste, con José Antonio Suárez Graíño e María Lavandeira Maceiras; e ao oeste, coa estrada C-552 A Coruña-Fisterra.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 885, libro 171 de Vimianzo, folio 16, predio nº 20.910, inscrición 1ª.

Referencia catastral: 15093A503050190000MU.

Artigo 2º

A cesión en propiedade queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O inmoble destinarase a área de descanso e procederase ao adecentamento das ruínas da caseta de legoeiro.

  2. No caso de que o inmoble non sexa dedicado ao uso previsto no acordo de cesión dentro do prazo de 2 anos contados desde o outorgamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade ou se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR