Decreto 138/2004, do 17 de xuño, polo que se acorda a cesión en propiedade, a título gratuíto, do predio 591, da zona de concentración parcelaria de Tallo e Langueirón (Ponteceso).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Rango de LeyDecreto

O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exercer as funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

O Concello de Ponteceso solicitou a cesión en propiedade dun inmoble situado no seu termo municipal, o predio sobrante nº 591 da zona de concentración parcelaria de Tallo e Langueirón (Ponteceso), que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto no artigo 31 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia.

Por orde da Consellería de Política Agroalimenteria e Desenvolvemento Rural do 5 de novembro de 2003 (DOG nº 228, do 24 de novembro) declarouse a alienabilidade dos anteditos inmobles.

A Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, tramitou o expediente de cesión de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xuño de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade, a título gratuíto, a favor do Concello de Ponteceso do seguinte ben inmoble:

  1. Predio nº 591 da zona de concentración parcelaria de Tallo e Langueirón, municipio de Ponteceso, que ten unha superficie de 1.870 m, que estrema: norte, terreo excluído e camiño; sur, Rosalía Varela Baneira (592) e Sara Varela Naneira (593); leste, Benigno Lorenzo Cotelo (589); oeste, camiño, terreo excluído e José Garrido Fernández (589); inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 1.083, libro 142, folio 5, predio nº 13.729.

Artigo 2º

A cesión en propiedade relacionada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O fin da cesión será a adicación do predio nº 591 a fins e servizos de interese socio-cultural.

  2. Se o ben cedido...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR