Decreto 49/2007, do 15 de marzo, polo que se acorda a prórroga da cesión de uso da parcela de terreo onde se sitúa o Instituto de Bacharelato Mixto de Ortigueira (A Coruña), a favor da entidade Asociación Pro Minusválidos del Ortegal (Aspromor).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Mediante Decreto 207/1997, do 24 de xullo (DOG nº 152, do 8 de agosto), acordouse a cesión do uso, a título gratuíto, dunha parcela de terreo de 5.750 m do predio onde esta situado o Instituto de Bacharelato Mixto de Ortigueira (A Coruña) a favor da Asociación Pro Minusválidos del Ortegal (Aspromor).

A cesión de uso outorgouse por un período de dez anos, prorrogables por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo da petición do cesionario con anterioridade ao vencemento do período anterior, quedando excluída a tácita recondución.

Con data 16 de xaneiro de 2007 Fernando Nieto Cortijo (asinante da escritura pública de constitución da cesión), solicitou en representación de Aspromor, a prórroga por outros dez anos da cesión de uso, presentando a documentación xustificativa do cumprimento das condicións impostas no Decreto 207/1997, na cal se inclúe plano das actuais instalacións e reportaxe fotográfica.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de prórroga de conformidade co disposto nos artigos 30 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 83 e 84 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a prórroga da cesión, a título gratuíto, a favor da Asociación Pro Minusválidos del Ortegal (Aspromor), do uso dunha parcela de 5.750 m aproximadamente de extensión superficial, que forma parte do terreo ocupado polo Instituto de Bacharelato Mixto de Ortigueira (A Coruña), e que ten

os seguintes lindes: norte, rúa nº 1; sur, paseo de Barro Soto; leste, resto do terreo do Instituto e oeste, terreos do concello e cuartel da Garda Civil. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ortigueira, no tomo 221, libro 132, folio 2, predio 14.984, inscrición 3ª.

Artigo 2º

A cesión de uso queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. A prórroga de cesión de uso outórgase por un período de dez anos, contados desde a finalización do período anterior, prorrogables por outros períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda e logo de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR