Decreto 255/2006, do 28 de decembro, polo que se modifica o Decreto 8/2000, do 7 de xaneiro, polo que se regula a organización do sistema acreditador da formación continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Os cambios introducidos polo Decreto 45/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, inciden na normativa da Comisión Autonómica do Sistema Acreditador da Formación Continuada dos profesionales sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa finalidade de facer os axustes correspondentes, faise necesaria a modificación do decreto mencionado.

En consecuencia, de acordo co exposto anteriormente, por proposta da conselleira de Sanidade e en virtude do disposto na Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do su presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reuniíon do día vinte e oito de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícase o artigo 2 do Decreto 8/2000, do 7 de xaneiro, polo que se regula a organización do sistema acreditador da formación continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, que quedará redactado como segue:

Artigo 2º.-Comisión Autonómica de Formación Continuada.

1. A Comisión Autonómica de Formación Continuada, constituída como o órgano asesor en materia de formación continuada da Consellería de Sanidade, é o órgano administrativo con competencias para a acreditación da formación continuada dos profesionais sanitarios en Galicia.

2. Son membros da Comisión Autonómica de Formación Continuada, con dereito a voz e voto, os seguintes cargos ou persoas en quen deleguen:

-O secretario xeral da Consellería de Sanidade, que exercerá a presidencia da comisión.

-O director xeral da División de Asistencia Sanitaria do Sergas.

-O director xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria.

-O director xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

-O subdirector xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios do Sergas.

-O director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

-O decano da Facultade de Medicina.

-O decano da Facultade de Farmacia.

-O decano da Facultade de Veterinaria.

-Un membro que representará os directores de escolas de enfermaría, fisioterapia e podoloxía, elixido por eles.

-O presidente do Consello...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR