Decreto 555/2005, do 10 de novembro, polo que se adoptan medidas provisionais en relación coa utilización do dominio público hidráulico.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

A xestión das augas ten como obxectivo fundamental e básico o de compatibilizar e harmonizar esta coas principais directrices do desenvolvemento sustentable, coa ordenación do territorio e coa conservación e protección da natureza, contando co instrumento da planificación hidrolóxica, que ten o fin primordial do aproveitamento óptimo e eficiente dos recursos dispoñibles para a satisfacción das demandas e, en particular, do abastecemento de auga ás poboacións dos núcleos rurais e urbanos, considerado este uso prioritario na utilización dos recursos hídricos.

O artigo 58 do Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, e o artigo 31 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, permiten adoptar, en casos de secas extraordinarias, sobreexplotación de acuíferos ou en similares estados de necesidade ou de concorrencia de situacións anómalas, medidas para a superación das devanditas situacións, mediante norma con rango de decreto en relación coa utilización de dominio público hidráulico, mesmo cando xa fose obxecto de concesión.

O novo marco ambiental, xurídico e técnico xurdido desde a transposición da Directiva Marco da Auga afecta dun xeito directo aos plans hidrolóxicos de bacía, o que obriga estes a adoptaren nos seus presupostos os criterios da directiva, xerando así a necesidade da correspondente modificación e revisión dos plans.

Consecuentemente, ante este escenario de novos obxectivos, a Administración hidráulica está a elaborar os estudos e traballos que permitan, atendendo á crecente presión que supón o continuo crecemento das demandas, conseguir a protección das augas, tanto en termos cualitativos coma cuantitativos, e garantir así a sustentabilidade do recurso.

Neste sentido, cómpre salientar que estes estudos implican, por unha banda, modificacións e cambios de carácter substancial no Plan hidrolóxico de Galicia-Costa e, por outra, unha influencia directa no documento técnico Plan de abastecemento que está, neste momento, en elaboración.

Estas actuacións prioritarias e a nova análise das necesidades en materia de administración hidráulica existentes en Galicia, así como o feito de que determinadas zonas do dominio público hidráulico están en risco de sobreexplotación, obrigan e motivan unha reformulación e adaptación do Plan sectorial hidroeléctrico das bacías hidrográficas de Galicia-Costa.

En virtude...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR