Resolución do 23 de setembro de 2003 pola que se conceden as bolsas de predoutoramento (nova adxudicación e segunda prórroga), convocadas pola Orde do 19 de maio de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 26 de maio), pola que se convocan as bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica para o ano 2003.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyResolución

Por Orde do 19 de maio de 2003 (DOG do 26 de maio) convocáronse, entre outras accións do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de

Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica bolsas de predoutoramento (nova adxudicación e segunda prórroga).

Conforme o disposto nas bases da convocatoria recollidas na Orde do 19 de maio de 2003 (DOG do 26 de maio) e na Orde do 15 de xullo de 2002 (DOG do 24 de xullo) desde o 18 ó 28 de xullo expuxéronse as listas das solicitudes de bolsas de predoutoramento de nova adxudicación admitidas e excluídas, podendo durante ese período os interesados formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos.

Rematado ese prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron avaliadas, xunto coas solicitudes de segunda prórroga de bolsas de predoutoramento, pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro), e orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo).

En consecuencia, atendendo a proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-la segunda prórroga da bolsa para a realización da tese doutoral durante o período outubro 2003-marzo 2004 (ambos inclusive) ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución.

Segundo.-Concederlles novas bolsas para a realización da tese de doutoramento, durante o período outubro 2003-setembro 2004 (ambos inclusive), ás persoas que se relacionan no anexo II da presente resolución.

Terceiro.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refire o anexo II da presente resolución, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederá, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, a adxudicárlle-la dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola Comisión de Selección de Investigación e que se inclúe no anexo III da presente resolución. A asignación farase polo mesma orde na que se relacionan.

Así mesmo, no caso de existir remanente orzamentario, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, poderá adxudicárlle-la dita axuda a outros candidatos, de acordo coa mencionada lista de suplentes.

A contía das bolsas será de 905 euros mensuais brutos e aboaranse con cargo á aplicación orzamen-

taria 08.05.432A.480.0 cofinanciada con recursos procedentes do programa operativo do Fondo Social Europeo.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das obrigas establecidas nas bases da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos anexos I, II e III da presente resolución e que foron admitidas para participar nesta convocatoria, enténdese que quedan...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR