Resolución do 7 de decembro de 2007 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria e anticipada do gasto, para a adxudicación do contrato de elaboración do proxecto e execución das obras de saneamento, cofinanciadas polos fondos da Unión Europea, do proxecto de clave OH.315.745 e outra máis.

SecciónVI. Anuncios
EmisorEMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS
Rango de LeyResolución
  1. Entidade adxudicadora.

    1. Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

    2. Dependencia que tramita o expediente: contratación.

  2. Obxecto de cada contrato.

    1. Descrición do obxecto: actuacións de saneamento na comunidade autónoma. Proxecto e obra da estación depuradora de augas residuais de Corme. Ponteceso (A Coruña).

      Número de expediente: OH.315.745.

      Orzamento base de licitación. Importe total: un millón seiscentos seis mil douscentos oito euros con sesenta e dous céntimos (1.606.208,62 €). Cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

      Prazo de execución (meses): vinte e seis (26).

      Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e e grupo K, subgrupo 8, categoría e.

      Garantía provisoria: non se exixe.

    2. Descrición do obxecto: actuacións de saneamento na comunidade autónoma. Proxecto e obra da estación depuradora de augas residuais da Feira do Monte. Cospeito (Lugo).

      Número de expediente: OH.327.464.

      Orzamento base de licitación. Importe total: un millón trinta mil oitocentos setenta e nove euros con setenta e cinco céntimos (1.030.879,75 €). Cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

      Prazo de execución (meses): vinte (20).

      Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e e grupo K, subgrupo 8, categoría e.

      Garantía provisoria: non se exixe.

  3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

    1. Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

    2. Procedemento: aberto.

    3. Forma: concurso.

  4. Obtención de documentación e información.

    1. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato) e da documentación técnica:

      -A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27 e fax: 981 95 74 03

      -A copistaría Copy Belén, na rúa Rosalía de Castro 29-31, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña); teléfono 981 59 99 24 e fax 981 59 47 30.

      -A páxina web: http:/www.xunta.es/contratacion.

    2. Data límite de obtención de documentos e información: 11 de xaneiro de 2008.

  5. Requisitos específicos do contratista.

    -Clasificación: a exixida, para cada contrato no punto 2 anterior.

  6. Presentación das ofertas.

    1. Data límite de presentación: 11 de xaneiro de 2008.

    2. Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente ao modelo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR