Real decreto 552/2006, do 5 de maio, de ampliación dos medios económicos adscritos aos servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 146/1993, do 29 de xaneiro, en materia de xestión da formación profesional ocupacional (formación continua).

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorMINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Rango de LeyReal Decreto

O artigo 149.1.13ª da Constitución reserva ao Estado a competencia exclusiva sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, establecendo o mesmo artigo 149.1.7ª que o Estado ten competencia exclusiva en materia de lexislación laboral, sen prexuízo da súa execución polos órganos das comunidades autónomas.

E o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1982, do 6 de abril, establece no seus artigos 30.1 e 29.1 que corresponde á Comunidade Autónoma galega, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1, puntos 11 e 13, da Constitución a planificación da actividade económica de Galicia e a execución da lexislación do Estado en materia laboral.

Ademais, mediante o Real decreto 146/1993, do 26 de marzo, aprobouse o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servizos en materia de xestión da formación profesional ocupacional.

Pola súa parte, as sentenzas do Tribunal Constitucional 95/2002, do 25 de abril, e 190/2002, do 17 de outubro, recoñecen ás comunidades autónomas funcións relativas á xestión da formación continua.

Así mesmo, o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regula a forma e condicións ás que se axustarán os traspasos de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 17 de abril de 2006, o oportuno acordo, cuxa virtualidade práctica exixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas, e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día cinco de maio de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade

Autónoma de Galicia polo que se amplían os medios económicos adscritos ás funcións e servizos traspasados polo Real decreto 146/1993, do 29 de xaneiro, que teñen por obxecto o financiamento de determinadas funcións e servizos relativos á xestión da formación continua por parte da Comunidade Autónoma de Galicia en cumprimento das mencionadas sentenzas do Tribunal Constitucional, adoptado polo Pleno da dita comisión na súa sesión do día 17 de abril de 2006 e que se transcribe como anexo este real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia os medios económicos correspondentes nos termos que resultan do propio acordo e da relación anexa.

Artigo 3º

A ampliación a que se refire este real decreto terá efectividade a partir do día sinalado no acordo da mencionada Comisión Mixta.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen, de conformidade coa relación número 1 do anexo, serán dados de baixa nos correspondentes conceptos e subconceptos orzamentarios e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda aos conceptos ou, de ser o caso, subconceptos que se habiliten no orzamento do Servizo Público de Emprego Estatal, de conformidade co disposto na Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria e no artigo 106 da Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2006, regulador das transferencias a comunidades autónomas correspondentes ao custo dos novos servizos traspasados.

Disposición derradeira

Única.-Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Dado en Madrid o cinco de maio de dous mil seis.

Juan Carlos R.

Jordi Sevilla Segura

Ministro de Administracións Públicas

ANEXO

Carlos José Ortega Camilo e Antonio Losada Trabada, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta, celebrada o día 17 de abril de 2006, se adoptou un acordo sobre ampliación dos medios económicos

traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de xestión da formación profesional ocupacional, nos termos que a continuación se expresan:

  1. Referencia ás normas constitucionais e estatutarias en que se ampara a ampliación.

    O artigo 149.1.13ª da Constitución reserva ao Estado a competencia exclusiva sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, establecendo o mesmo artigo 149.1.7ª que o Estado ten competencia exclusiva en materia de lexislación laboral, sen prexuízo da súa execución polos órganos das comunidades autónomas.

    Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1982, do 6 de abril, establece nos seus artigos 30.1 e 29.1 que corresponde á Comunidade Autónoma galega, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1 números 11 e 13 da Constitución, a planificación da actividade económica en Galicia e a execución da lexislación do Estado en materia laboral.

    Ademais, mediante o Real decreto 146/1993, do 29 de xaneiro, aprobouse o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servizos en materia de xestión da formación profesional ocupacional.

    Así mesmo, as sentenzas do Tribunal Constitucional 95/2002, do 25 de abril, e 190/2002, do 19 de outubro, recoñecen ás comunidades autónomas funcións relativas á xestión da formación continua.

    Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regulan o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias, así como a forma e condicións ás que teñen que axustarse os traspasos de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia.

    Sobre a base destas previsións normativas procede realizar unha ampliación dos medios económicos adscritos aos servizos traspasados polo Real decreto 146/1993, do 29 de xaneiro, de traspaso de funcións e servizos da xestión da formación profesional ocupacional á Comunidade Autónoma de Galicia. A ampliación inclúe os créditos relativos aos medios personais, materiais e económicos adscritos á Fundación Tripartita para a Formación no Emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que se xestionarán a partir da efectividade deste acordo e mediante a subscrición do correspondente convenio a través do órgano competente en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. Valoración das cargas financeiras da ampliación.

    A valoración provisional en valores do ano base 1999, que corresponde ao custo efectivo anual dos medios que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia elévase a 732.917,86 euros. A dita valoración será obxecto de revisión nos termos establecidos no artigo 16.1 da Lei 21/2001, do 27 de decem

    bro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con Estatuto de autonomía.

    O financiamento en euros de 2006, que corresponde ao custo efectivo anual dos medios que se traspasan, detállase na relación número 1.

    Transitoriamente, ata que se produza a revisión do Fondo de Suficiencia como consecuencia da incorporación a este do custo efectivo deste traspaso, o Servizo Público de Emprego Estatal, con cargo ao seu propio orzamento, transferirá directamente á Comunidade Autónoma de Galicia os recursos correspondentes ao custo, desde a data de efectividade do acordo de traspaso.

  3. Data de efectividade da ampliación.

    A ampliación de medios económicos obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 1 de xullo de 2006.

    E para que conste, expedimos a presente certificación en Madrid o 17 de abril de 2006. Os secretarios da Comisión Mixta. Carlos José Ortega Camilo e Antonio Losada Trabada.

    Relación número 1

    Valoración do custo efectivo correspondiente ás transferencias de medios económicos en materia de formación continua

    Comunidad Autónoma de Galicia

    (Euros 2006)

    Servizo Público de Emprego Estatal:

    19.101.241-A.433: 391.657 euros.

    19.101.241-A.733: 7.822 euros.

    19.101.241-A.483.03: 730.094 euros.

    Total: 1.129.573 euros.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR