Decreto 309/2003, do 11 de xullo, polo que se determina o procedemento aplicable para o exercicio da potestade sancionadora en establecementos e espectáculos públicos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dedica o seu título IX á potestade sancionadora, establecendo nos respectivos capítulos os principios de potestade sancionadora e o procedemento sancionador.

O desenvolvemento regulamentario destes principios foi efectuado por diversas comunidades autónomas que dictaron regulamentos propios para o ámbito das súas competencias e pola Administración xeral do Estado, que aprobou (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora) un regulamento de aplicación a aquelas materias nas que o Estado ten competencia exclusiva ou normativa plena. Este regulamento é, ademais, de aplicación supletoria para aquelas comunidades que, como é o caso de Galicia, non dispoñen dun regulamento propio.

Xa que logo, a Comunidade Autónoma pode establecer normas propias de procedemento material, xa sexa concreto ou xeral, respectando en todo caso as regras establecidas na lexislación do Estado dentro do ámbito das súas competencias.

A competencia na materia de espectáculos públicos transferiuselle á Comunidade Autónoma de Galicia co carácter de exclusiva mediante a Lei orgánica 16/1995, do 27 de setembro, traspasándose as funcións e servicios que viña desempeñando a Administración do Estado polo Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo. Mediante o Decreto 336/1996, do 13 de setembro, asumíronse as ditas funcións e servicios, asignándose á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Na actualidade existe unha notoria inseguridade xurídica, derivada de contradictorias interpretacións xudiciais, en relación co procedemento que se debe seguir, polo que é precisa unha norma que determine inequivocamente a vía procedemental que cómpre seguir nos expedientes sancionadores na materia de espectáculos públicos.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR