Decreto 53/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba a constitución do consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento de auga aos concellos de Cervo e Burela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

As entidades locais galegas poden constituír consorcios locais coa Xunta de Galicia, con outras administracións públicas para fins de interese común ou con entidades privadas sen ánimo de lucro; consorcios dotados de personalidade xurídica propia e de capacidade para o cumprimento dos seus fins específicos, que veñen determinados nos seus estatutos.

Os consorcios locais, como fórmula de cooperación e colaboración, constitúen un medio idóneo para a prestación de determinados servizos que excedan da capacidade individual dos municipios.

Con esta idea preténdese constituír o consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento de auga aos concellos de Cervo e Burela, integrado polo Organismo Autónomo Augas de Galicia e os concellos de Cervo e Burela.

Examinado o texto dos estatutos que rexerán o consorcio e demais documentación ao respecto, constátase que a súa aprobación se realizou conforme o disposto nos artigos 196, 150 e seguintes, así como o 137 e seguintes, todos eles correspondentes á Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Polo exposto e en aplicación do artigo 196 da Lei 5/1997, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de marzo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Ratificar a resolución do conselleiro de Medio Ambiente, do 15 de xullo de 2003.

Artigo 2º

Aprobar os estatutos do consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento de auga aos concellos de Cervo e Burela, sendo o seu texto o que se recolle no anexo a este decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de marzo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Xesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

ANEXO

Estatutos do consorcio para a xestión e explotación

da rede básica de abastecemento de auga aos

concellos de Cervo e Burela

Capítulo I

Constitución, obxecto e coordinación

interadministrativa

Artigo 1º
  1. Constitúese o consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento de auga aos concellos de Cervo e Burela, que estará integrado polos concellos de Cervo e Burela e por Augas de Galicia, organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, para o cumprimento dos fins establecidos nestes estatutos e de conformidade cos acordos correspondentes dos seus órganos de goberno.

  2. O consorcio ten personalidade xurídica propia e goza de autonomía plena para xestionar a actividade que lle é propia, conforme o establecido no texto refundido en materia de réxime local (Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril) e no artigo 37.2º do Regulamento de servizos das corporacións locais (Decreto do 17 de xuño de 1955).

  3. Poderá participar tamén no consorcio, na proporción que se determine, calquera outra Administración pública ou entidade privada sen ánimo de lucro que teñan finalidades de interese público concorrentes coas do consorcio, e que por proposta do Consello Reitor, sexa aceptada polas entidades fundadoras, atendendo o disposto no punto 5º do artigo 6 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (30/1992, do 26 de novembro), artigo 110.1º do texto refundido en materia de réxime local (Real decreto lexislativo 781/1986, do 17 abril).

Artigo 2º

O consorcio réxese por estes estatutos, polos seus regulamentos de réxime interior, que deberán someterse en todo caso ao previsto na normativa vixente de aplicación, e, naquilo que non estea previsto, pola lexislación do réxime local e aquelas normas administrativas que resulten de procedente aplicación en atencións ás administracións públicas que se consorcian, así como polo dereito mercantil, civil e laboral, nos casos en que proceda.

En atención ao seu obxecto, o consorcio estará así mesmo ao disposto na normativa reguladora das augas, no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que aproba o texto refundido da Lei de augas, así como a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, así como a normativa de desenvolvemento.

Artigo 3º

O consorcio terá a súa sede no Concello de Cervo ser prexuízo de poder constituír delegacións noutros lugares.

Artigo 4º

O ámbito territorial do consorcio é o comprendido polos termos dos municipios que se consorcian.

Artigo 5º

O consorcio pode utilizar, respecto dos servizos que se lle encomendan, calquera das formas de xestión previstas na lexislación básica de réxime local e no artigo 295 da Lei de Administración local de Galicia.

Artigo 6º

O consorcio, na súa calidade de entidade pública con personalidade xurídica propia, goza das atribucións inherentes a esta condición e exérceas no marco do establecido nestes estatutos e nas normas legais que lle son de aplicación. O consorcio presenta, particularmente, as seguintes atribucións:

  1. A capacidade de organizarse internamente creando, modificando ou suprimindo os diversos servizos, establecendo a súa estrutura e réxime de funcionamento; para este efecto, o consorcio pode aprobar regulamentos de réxime interno.

  2. Contratar o persoal, as obras, os servizos e subministracións que sexan necesarios.

  3. Levar a cabo a actividade financeira, concretar operacións de crédito ou endebedamento e emitir obrigas con aval ou sen el.

  4. Adquirir, posuír, dispoñer, arrendar e administrar todo tipo de bens mobles e inmobles, así como gravalos, hipotecalos, constituír peñor ou outras garantías.

  5. Aceptar legados, herdanzas, doazóns, subvencións e axudas, tanto se proveñen de entidades ou persoas públicas canto privadas.

  6. Exercer as accións xudiciais e administrativas que sexan necesarias en defensa dos seus intereses e dereitos.

  7. Participar legalmente noutras entidades públicas ou privadas, incluso en sociedades mercantís, sempre que a súa actividade se dirixa a finalidades análogas ás do consorcio.

Artigo 7º

O consorcio ten por obxecto:

  1. A xestión e explotación da rede básica de abastecemento de auga, en alta, ata os depósitos municipais respecto do ámbito territorial delimitado no artigo 4º destes estatutos.

  2. O estudo das necesidades en orde ao abastecemento de auga da zona especificada na letra anterior e a elaboración dos correspondentes proxectos para a satisfacción daquelas.

  3. A solicitude dos títulos administrativos pertinentes para abastecementos de augas e, se é o caso, verquidos, así como a execución, conservación e explotación das correspondentes obras e instalacións.

  4. O asesoramento técnico para o establecemento e explotación das redes locais.

  5. Non obstante, o consorcio, por petición de calquera dos municipios consorciados, poderase facer cargo directamente tanto da xestión de abonados das súas respectivas redes locais canto do mantemento e explotacións destas.

Artigo 8º

Para o mellor cumprimento dos seus fins, o consorcio creará unha organización técnica que terá ao seu cargo as seguintes funcións:

  1. Confeccionar un plan xeral das redes locais de abastecemento, en colaboración cos servizos municipais.

  2. Colaborar e asesorar debidamente aos municipios consorciados, cando así o soliciten, e, se é o caso, realizar os proxectos e dirixir as obras das redes locais, cando así o soliciten os ditos concellos.

  3. Efectuar, en conexión cos servizos económicos e administrativos do consorcio, a xestión de abonados dos municipios consorciados, e o mantemento e a explotación das redes locais de distribución de auga, sempre que o soliciten os concellos respectivos e as posibilidades do consorcio o permitan.

Artigo 9º

O consorcio coordinará as súas actividades, nas materias que constitúen o seu obxecto, coas das administracións consorciadas, tanto nos períodos de estudo, planificación e execución, canto nos de organizacións e xestión do servizo.

Para estes efectos as administracións que o integran comprométense a poñer en coñecemento do consorcio toda iniciativa que tomen sobre aquelas materias e a coordinala coas que adoptará o consorcio que tivesen o mesmo obxecto ou que técnica ou economicamente fosen incompatibles con elas.

Artigo 10º
  1. As concesións administrativas de uso das augas, que formen parte da rede básica de abastecemento, que foran outorgadas aos concellos integrantes do consorcio, así como as obras derivadas daquelas, serán incorporadas a este mediante a oportuna cesión do dereito do seu titular para poder ser incorporados ao patrimonio do consorcio.

    As devanditas concesións recolleranse nos inventarios a que fai referencia a disposición derraderia primeira destes estatutos.

  2. Os concellos consorciados conservarán a propiedade das redes e instalacións de distribución a usuarios directos e das internas das súas respectivas poboacións, en tanto non decidan incorporalas ao consorcio nas condición que se acorden e o consorcio acepte aquela incorporación.

    Para tal efecto, entenderase por rede interna a de abastecemento ao propio termo municipal.

  3. Nas condicións que sexan acordadas entre o consorcio e o concello respectivo, aquel poderá subrogarse nos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR