Decreto 88/2005, do 21 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada provincial 0601 de Arzúa á ponte de San Xusto por Dombodán a prol da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

En exercicio das competencias atribuídas á Xunta de Galicia pola normativa reguladora en materia de coordinación e planificación de estradas, o Consello da Xunta mediante acordo do 18 de xullo de 1991 aprobou o Plan de estradas de Galicia, no que se recolle a estrada Corredoiras-Vila de Cruces-Lalín.

O carácter supraprovincial desta vía de comunicación unido a súa posición territorial estratéxica coma eixe fundamental de comunicación interior norte-sur, xunto coa autoestrada AP-9, determinan o interese autonómico na súa titularidade, pois, ademais de posibilitar unha mellor estruturación e articulación interior, serve de infraestrutura de conexión entre as cabeceiras comarcais e os núcleos de poboación importantes polos que atravesa.

As ditas razóns foron determinantes para incluír no Decreto 308/2003, do 26 de xullo, polo que se establece a relación de estradas de titularidade autonómica -DOG do 21 de xullo- a citada infraestrutura de transporte, en cumprimento do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, coa nova denominación de AC-905 Vila de Cruces-límite provincia- Arzúa.

Tendo en conta que a mera inclusión desta no anexo do Decreto 308/2003 como estrada de titularidade autonómica non pode supor un cambio de titularidade do ben, e constatada a titularidade local da estrada AC-905 logo da análise da documentación existente na Xunta de Galicia, por parte desta última Administración existe interese en que a dita infraestrutura se integre na rede autonómica de estradas mediante o cambio da súa titularidade consonte o procedemento previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, polas razóns expostas anteriormente.

O 23 de decembro de 2004 o pleno da Deputación Provincial da Coruña adoptou acordo de aprobación

do expediente que ocasiona a transferencia de titularidade da E.P. 0601 de Arzúa á ponte de San Xusto por Dombodán á Xunta de Galicia, para que forme parte da rede de estradas de titularidade autonómica.

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación da Xunta de Galicia en reunión do día vinte e un de abril de dous mil cinco.

DISPÓN:

Artigo 1º

Aprobar o cambio de titularidade a favor da Comunidade Autónoma de Galicia da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR