Resolución do 7 de abril de 2006 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do capital humano das empresas galegas para a mellora da competitividade empresarial e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2006.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

O Consello de Dirección do Igape, na súa reunión, que tivo lugar o día 2 de marzo de 2006, acordou por unanimidade dos membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do capital humano das empresas galegas para a mellora da competitividade empresarial.

As devanditas bases prevén que as convocatorias de axudas que conterán, en todo caso, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a elas serán aprobadas mediante resolución do director xeral do Igape e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do capital humano das empresas galegas para a mellora da competitividade empresarial, as cales se xuntan a esta resolución.

Segundo.-Aprobar a convocatoria para 2006 do programa de axudas do instituto sinalado no punto anterior. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes desde o 19 de maio de 2006 ata o 30 de xuño de 2006, ambas as datas inclusive.

Terceiro.-Os créditos dispoñibles para concesións no exercicio 2006 ascenden a 1.290.000 A, que se aboarán con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e coa seguinte distribución plurianual:

Exercicio 2006Exercicio 2007Total

01.02.14/02/01-600.000 A600.000 A

01.02 11/07/01 180.000 A420.000 A600.000 A

01.02 11/08/0160.000 A30.000 A90 A

Totais240.000 A1.050.000 A1.290.000 A

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Igape para o desenvolvemento do capital humano das empresas galegas para a mellora da competitividade empresarial

O Consello Europeo de Lisboa de marzo de 2000 fixou como obxectivo facer de Europa a economía baseada no coñecemento máis competitiva e dinámica do mundo. Puxo de relevo a importancia de crear un clima favorable para as Pemes e sinalou a importancia de difundir boas prácticas e de garantir unha maior converxencia entre os estados membros.

A comisión, na súa vomunicación sobre o relanzamento da estratexia de Lisboa de febreiro de 2005, propón centrar os esforzos en producir un crecemento máis forte e máis duradeiro e crear máis emprego e de mellor calidade. Isto require medidas que fomenten o crecemento e a competitividade, e que fagan de Europa un lugar máis atractivo onde investir e traballar. Pon de relevo a necesidade de estimular a iniciativa empresarial, de atraer suficiente capital risco para poñer en marcha novas empresas e de manter unha sólida base industrial europea ao tempo

que facilite a innovación e, especialmente a ecolóxica, un maior e mellor investimento en educación e formación, a incorporación das tecnoloxías da información e o uso sustentable dos recursos.

O Decreto 172/2001, de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, recolle no seu artigo 12 axudas á formación, divulgación, asistencia técnica e contratación de persoal especializado, previndo así a posibilidade de apoiar non só os procesos máis tradicionais de competitividade empresarial baseados en investimentos en activos fixos, senón tamén aqueloutros máis innovadores baseados en investimentos nos denominados activos intanxibles ou, alternativamente, capital intelectual.

Adóitase clasificar este capital intelectual en tres grandes grupos:

  1. Os relacionados coas competencias propias e individuais das persoas que traballan nas organizacións. Denomínase este grupo capital humano.

  2. Os relacionados cos sistemas organizativos, formais ou informais, que permiten a interrelación de persoas de cara a acadar un obxectivo común maior que a suma das posibilidades individuais. Denomínase este grupo de activos capital estrutural.

  3. Os relacionados coa capacidade dunha organización de interactuar co seu contorno (clientes, provedores, sociedade en xeral) interpretando as súas necesidades e proporcionando solucións a estas. Denomínase este grupo de activos capital relacional.

Dentro da estratexia deseñada nas políticas de actuación do Igape, as bases reguladoras das axudas do instituto á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo (publicadas mediante Resolución do 17 de febreiro de 2006 no DOG número 40, do 27 de febreiro) supoñen un primeiro paso nos apoios aos procesos de mellora do capital intelectual nas empresas galegas, posto que nas iniciativas obxecto de apoio se incluen varios tipos de ferramentas de capital estrutural e algunhas de capital relacional.

Estas bases completan ese primeiro paso ao propoñer un conxunto de apoios dirixidos á mellora do capital humano das empresas galegas naqueles aspectos nos que non existen, na actualidade, programas públicos de apoio.

Base 1ª.-Obxectivos e procedemento de tramitación.

1.1. É obxectivo prioritario dos apoios regulamentados nestas bases desenvolver a competitividade empresarial galega a través de mecanismos de mellora e consolidación do capital humano das empresas galegas.

1.2. As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no punto 8º do artigo 78 do texto

refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, constituíndo o contido destas bases a súa normativa de aplicación.

Base 2ª.-Tipos de apoio. Os apoios previstos nestas bases poderán consistir en:

2.1. Apoios orientados a fomentar a creación e extensión de novos perfís profesionais. Consisten en subvencións a fondo perdido a diferentes conceptos e diferentes beneficiarios para proxectos individuais ou colaborativos nos que a principal característica é que se precisa dun perfil de recursos humanos para o cal o sistema educativo non ofrece unha resposta axeitada, desde os puntos de vista cualitativo e cuantitativo.

2.2. Apoios orientados á posta en marcha de proxectos colaborativos intensivos en capital humano xestionados por organismos intermedios de apoio á competitividade e á innovación. Consisten en subvencións a fondo perdido para determinados gastos correntes necesarios para o desenvolvemento de proxectos nos que as principais características son que o seu desenvolvemento se realiza principalmente mediante recursos humanos e que benefician un conxunto de empresas galegas.

2.3. Apoios orientados á xeración de espazos colaborativos de innovación que permitan a definición de novos proxectos empresariais individuais e innovadores. Consisten en subvencións a fondo perdido para determinados gastos correntes necesarios para desenvolver espazos nos que a participación de varias empresas permita, mediante o emprego de metodoloxías innovadoras, incentivar a xeración e definición de proxectos individuais innovadores.

Base 3ª.-Condicións de carácter xeral.

3.1. Os beneficiarios terán que estar ao día das súas obrigas tributarias, coa Facenda pública autonómica de Galicia e coa Seguridade Social e non estar incursos en prohibición legal para percibir subvencións.

3.2. Como regra xeral, os proxectos e accións subvencionables non poderán terse iniciado antes da data de presentación da solicitude, e unicamente serán subvencionables os gastos realizados e pagados posteriormente á presentación da solicitude de axuda e con anterioridade á finalización do prazo concedido para a execución do proxecto. Este período denomínase prazo de vixencia para os efectos de cumprir todas as condicións que estableza a resolución de concesión da axuda. No caso de falta doutros medios de acreditación válidos, entenderase como data de execución da actuación a de emisión da factura correspondente.

3.3. Quedan expresamente excluídos dos gastos subvencionables os impostos, taxas e demais arbitrios.

Base 4ª.-Apoios orientados a fomentar a creación e extensión de novos perfís profesionais.

4.1. Beneficiarios.

4.1.1. Organismos intermedios de apoio á innovación que presten con carácter habitual servizos ás Pemes galegas. Entenderanse por organismos intermedios de apoio á competitividade e á innovación aquelas entidades de carácter público, semipúblico ou privado, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro no desenvolvemento das súas actividades.

4.1.2. Empresas con domicilio social ou con algún centro de traballo en Galicia.

4.1.3. Recentes titulados universitarios, que se poderán incorporar ao programa formativo a través do proceso de selección, cumprindo as seguintes condicións:

  1. Ser nacional dun país membro da Unión Europea.

  2. Cumprir algunha das seguintes condicións:

    I) Ter veciñanza administrativa en Galicia.

    II) Ser natural de Galicia.

    III) Ser fillo de emigrantes galegos.

  3. Non ter mantido ningún tipo de relación laboral co organismo intermedio nin con ningunha das empresas participantes.

  4. Reunir os requisitos necesarios para formalizar un contrato en prácticas coas empresas participantes.

    4.2. Requisitos do proxecto.

    4.2.1. Xustificación da iniciativa: cada programa deberá xustificar que vai cubrir un ou varios aspectos ou técnicas empresariais (deseño industrial, comercio exterior, tecnoloxía avanzada, procesos e operacións entre outros) nos que exista para o mercado galego deficiencia de oferta de persoal coa cualificación necesaria para desempeñar as funcións relativas ao aspecto ou técnica especificada, e non existan outros programas de apoio público específicos. Para os perfís descritos no anexo II non será necesario xustificar este requisito.

    4.2.2. Axentes implicados: cando se trate da cobertura de necesidades comúns a varias empresas, os organismos intermedios deberán formalizar coas empresas ou centros participantes un convenio de colaboración, conxunto entre todos os participantes, no que se especifiquen os compromisos e obrigas de cada un dos participantes no programa así como o outorgamento da representación ao organismo intermedio na interlocución co Igape en calquera aspecto do programa. O dito convenio deberá formar parte da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR