Decreto 160/2005, do 2 de xuño, polo que se modifica o Decreto 292/2004, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia, transfire a competencia exclusiva en materia de espectáculos públicos, sen prexuízo da competencia estatal sobre seguridade pública, de acordo co artigo 149 da Constitución.

O Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, recolle o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de espectáculos públicos.

Polo Decreto 336/1996, do 13 de setembro, a Comunidade Autónoma asume as funcións e servizos transferidos en materia de espectáculos públicos e procede a asignarlle as ditas funcións á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia establece as denominacións e definicións de espectáculos públicos e actividades recreativas propias da Comunidade Autónoma.

A pesar do esforzo da consellería para tratar de recoller a realidade dos espectáculos e das actividades recreativas vixentes na vida social de Galicia, o certo é que determinadas actividades recreativas incluídas na epígrafe de restauración, baseándose nas observacións dos profesionais e usuarios do sector, non tiñan o encaixe preciso no catálogo, sendo o acomodo axeitado o da epígrafe de actividades de ocio e entretemento. As ditas actividades son, en concreto, os tablaos flamencos, café-teatro, café-concerto e café-cantante, con códigos de actividade 2.7.2.1 e 2.7.3.1. Estas actividades teñen en común que ofrecen actuacións en directo, ocio e entretemento e implican unha oferta cultural mediante a celebración de actuacións. A súa inclusión na área de actividades de restauración implica necesariamente o establecemento dun horario e condicións moi distintas ao que foi habitual para os usuarios deste tipo de locais, polo que parece conveniente, estando de acordo todos os sectores afectados, darlle primacía á actividade de ocio que estes locais ofrecen.

Por outra banda, en relación coas actividades deportivas detectouse que determinados espectácu

los deportivos non se poden incluír en ningunha das categorías establecidas, polo que cómpre darlle cabida a unha nova categoría de establecementos de actividades e espectáculos deportivos.

Por último, fanse correccións puntuais a determinados aspectos do catálogo como son o de incluír a referencia á normativa de drogas nas sesións destinadas a menores; o carácter determinante dos informes dos concellos en relación coas autorizacións de carácter extraordinario; a desaparición da disposición adicional do anterior regulamento debido á publicación das correspondentes ordes de horarios; así como precisar os contidos das categorías de piscinas recreativas, discotecas e locais de restauración con horario especial en función do persoal ao que van dedicados.

En consecuencia, modifícase a normativa en vigor, búscanse solucións ás dificultades xurdidas coa publicación do catálogo e cóbrense as lagoas detectadas coa inclusión das novas actividades recreativas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, de acordo coa reunión mantida cos sectores e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia nos seguintes termos:

  1. O artigo 6º.-Sesións con menores, queda redactado do seguinte xeito:

    Os locais que teñan prohibida a entrada aos menores de 18 anos poderán realizar sesións destinadas ao público en idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, tras a autorización previa na licenza, condicionada á prohibición de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco segundo a vixente normativa sobre drogas e condicionada á prohibición da entrada de maiores de idade durante as sesións para menores

    .

  2. O número 3 do artigo 7º, queda redactado do seguinte xeito:

    3. Para a concesión desta autorización será preceptivo o informe do concello respectivo

    .

  3. Elimínase a disposición adicional.

  4. Modifícase o anexo que recolle o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como figura no anexo deste decreto.

    Disposición derrogatoria

    Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto.

    Disposición derradeira

    Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil cinco.

    Manuel Fraga Iribarne

    Presidente

    Jesús C. Palmou Lorenzo

    Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

    Local

    ANEXO

    Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos

  5. Espectáculos públicos.

    Os espectáculos públicos clasifícanse en:

    1.1. Espectáculos cinematográficos.

    Teñen por obxecto a exhibición e proxección pública nunha pantalla de películas cinematográficas.

    Enténdese por película cinematográfica a obra audiovisual consistente en creacións expresadas mediante unha serie de imaxes consecutivamente asociadas, con ou sen sonorización incorporada, independentemente do seu soporte material, que se proxecta sobre unha pantalla nun establecemento público.

    As exhibicións realizaranse en:

    -1.1.1. Cines tradicionais: establecementos públicos fixos e independentes que, debidamente autorizados, se destinan con carácter permanente á celebración de espectáculos cinematográficos e conten cunha soa sala de exhibicións de películas cinematográficas.

    -1.1.2. Multicines: establecementos públicos fixos que, independentemente ou agrupados con outros e debidamente autorizados, conten con máis dunha sala de exhibicións de películas e se destinan con carácter permanente á celebración de espectáculos cinematográficos.

    -1.1.3. Cines de verán ou ao aire libre: establecementos públicos, fixos e independentes ou eventuais que, con carácter de tempada ou ocasional e, debidamente autorizados, se destinan á celebración de espectáculos cinematográficos ao aire libre nunha ou varias salas de exhibición.

    -1.1.4. Autocines: establecementos públicos fixos ou eventuais en recintos pechados e descubertos que, con carácter permanente ou de tempada, se destinan á celebración de espectáculos cinematográficos, e nos cales os espectadores están en automóbiles ade-

    cuadamente estacionados e distribuídos dentro do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR