Decreto 55/2011, do 31 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

O artigo 29º da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, dispón que o número total de prazas de novo ingreso do persoal do sector público a que se refire o número seis do artigo 13º desta lei será, como máximo, igual ao 10% da taxa de reposición de efectivos e concentraranse nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma.

Non se tomará en consideración para os efectos da dita limitación a creación de prazas que deriven de sentenzas declaratorias de relacións laborais de carácter indefinido, que quedarán incorporadas á oferta pública de emprego, agás que se decida a súa amortización.

Nos termos establecidos no artigo 70º.1 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, poderán convocarse ata un 10% de prazas adicionais da oferta de emprego público.

Co obxecto de favorecer a estabilidade no emprego, esta oferta incluirá prazas desempeñadas por persoal interino nomeado ou contratado no exercicio anterior, excepto aquelas sobre as que exista unha reserva de posto ou que estean incursas en procesos de provisión.

O texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, no seu artigo 31º.6, establece os criterios xerais en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, nos cales deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

Na oferta de emprego público do ano 2011 recóllese un plan de promoción interna para o persoal funcionario dos corpos xerais, que consiste en abordar unha promoción interna independente das convocatorias ordinarias.

Nos procesos de promoción interna que se celebren poderá participar o persoal laboral fixo que no momento da entrada en vigor do Estatuto básico do empregado público estivese ocupando un posto de traballo que figure na relación de postos de traballo clasificado para persoal funcionario.

Como consecuencia de que aínda non foron publicadas as convocatorias dos procesos selectivos derivados da oferta de emprego público correspondente ao ano 2009, as prazas desta oferta poderán convocarse nun único proceso selectivo que acumularán as prazas do mesmo corpo, escala e forma de acceso libre, correspondentes ás ofertas dos anos 2009 e 2011.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes en distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial desta comunidade autónoma que afectan o funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 29º da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, así como no artigo 23º da Lei 39/2010, do 22 de decembro de orzamentos xerais do Estado para o ano 2011, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa ao persoal funcionario de distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial no ano 2011, establecéndose os criterios en que debe enmarcarse esta oferta.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13º.8 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, por proposta da conselleira de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1º Aprobación da oferta de emprego público.

De conformidade co disposto no artigo 31º.6 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, no artigo 70º da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, así como no artigo 29º da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial da Xunta de Galicia para o ano 2011, nos termos que se establecen neste decreto.

Sen prexuízo do anterior, se durante o exercicio orzamentario correspondente ao ano 2011 e como consecuencia de reestruturacións ou de resolución de procesos de provisión, así como da publicación de novas relacións de postos de traballo (RPT) queda máis prazas vacantes, poderán incluírse nunha oferta complementaria.

Así mesmo, de acordo co artigo 22º da dita Lei 14/2010, do 23 de decembro, poderán ser incorporadas a esta oferta as prazas derivadas de sentencias declaratorias de relacións laborais de carácter indefinido e creadas a través das relacións de postos de traballo (RPT).

Artigo 2º Cuantificación da oferta de emprego público.

A oferta de emprego público 2011 inclúe as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso. Tal como establece o Estatuto básico do empregado público, a oferta de emprego público, como instrumento de planificación dos recursos humanos dispoñibles, define e cuantifica os efectivos en función das necesidades e prioridades das consellerías e das políticas públicas prioritarias da Xunta de Galicia. Esta distribución realizarase de acordo cos criterios e segundo a composición que se detalla nos anexos I e II deste...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR