Decreto 183/2003, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, no seu artigo 29 establece os criterios en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ó servicio das administracións públicas, nos que deben prima-los principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

Os artigos 8 e seguintes do IV convenio colectivo da Xunta de Galicia regulan os procedementos de acceso que se seguirán para a cobertura das prazas vacantes de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tendo en conta os postos de traballo vacantes de persoal laboral desta comunidade autónoma que afectan ó funcionamento dos servicios públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 26 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa a persoal laboral para o ano 2003.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais correspondentes, logo de informe da comisión de persoal, cos votos a favor de CIG, UGT, CSI-CSIF e abstención de CC.OO., e de conformidade co establecido no artigo 12.8º da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de marzo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º Aprobación da oferta de emprego público.

De conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, apróbase a oferta de emprego público do persoal laboral da Xunta de Galicia para o 2003 nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2º Cuantificación da oferta de emprego público.

Nesta oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos con asignación orza

mentaria que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes na actualidade, de acordo cos criterios e segundo a composición que se detalla no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR