Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 29 establece os criterios en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ó servicio das administracións públicas, nos que deben prima-los principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

O artigo 34 da dita Lei 4/1988 establece os sistemas de acceso para o ingreso á Función Pública, mediante convocatoria pública, baseados nos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 22.1º da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, a promoción interna poderá levarse a cabo en convocatorias independentes das de ingreso.

En aplicación do disposto na Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, e co obxecto de favorece-la estabilidade no emprego, a presente oferta de emprego incluirá as prazas de Administración xeral e especial desempeñadas por persoal interino, nomeado ou contratado nos dous exercicios anteriores, excepto aquelas sobre as que exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de provisión.

Nalgúns postos de funcionarios presta servicios, con carácter definitivo, persoal laboral fixo afectado polo establecido na disposición adicional décimo terceira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, engadida pola Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo. Este precepto prevé a posibilidade de levar a cabo determinados procesos para tal persoal adscrito, definitivamente, a postos reservados a funcionarios.

Polo anterior, e tendo en conta os postos de traballo vacantes en distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial desta Comunidade Autónoma que afectan ó funcionamento dos servicios públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos

xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, así como no artigo 20 da Lei 61/2003, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2004, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa ó persoal funcionario de distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial, no ano 2004.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais correspondentes, logo de informe da comisión de persoal, cos votos a favor de CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF, e de conformidade co establecido no artigo 12.8º da Lei 4/1988, do 26 de maio, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR