Decreto 96/2008, do 24 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade duns treitos das estradas autonómicas AC-154 Miño (N-651)-praia de Miño p.k. 0+000 ao p.k. 1+210 e da AC-160 Miño (N-651)-Vilamateo p.k. 0+000 ao p.k. 0+350 a prol do Concello de Miño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O Concello de Miño, con data 7 de novembro de 2006, solicita a transferencia da titularidade dos treitos da estrada AC-154 Miño (N-651)-praia de Miño, p.k. 0+000 ao p.k. 1+210 e AC-160 Miño (N-651) Vilamateo, p.k. 0+000 ao 0+350

Con data 23 de abril de 2007, o Servizo de Conservación e Explotación da Subdirección Xeral de Estradas, da Dirección Xeral de Obras Públicas, emite informe favorable sobre o cambio de titularidade dos tramos comprendido entre o pk 0+000 ao p.k. 1+210 e o p.k. 0+000 ao p.k. 0+350 das estradas AC-154 Miño (N-651)-praia de Miño e Miño (N-651)-Vilamateo, respectivamente a prol do Concello de Miño.

O 12 de xuño de 2007 o Concello do Miño manifesta a súa aceptación do exposto no informe-proposta.

O artigo 54 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, establece que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas entregaranse aos concellos respectivos.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes estimou adecuado o cambio de titularidade dos tramos comprendido entre o p.k. 0+000 ao p.k. 1+210 e o pk 0+000 ao p.k. 0+350 das estradas AC-154 Miño (N-651)-praia de Miño e Miño (N-651)-Vilamateo, respectivamente, susceptible de cesión ao concello por estar incluída no Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, facendo referencia a aquelas susceptibles de ser transferidas por non dar continuidade a itinerarios ou ser...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR