Decreto 93/2008, do 30 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade duns tramos das estradas C-550, PO-191 e PO-192 a prol do Concello de Catoira.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O 15 de febreiro de 2007 o Servizo de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Obras Públicas emite informe favorable sobre o cambio de titularidade en relación aos treitos:

-Treito antigo da estrada C-550 (referencia Casa Hipólito).

-Estrada PO-191 (PO-548 - Abalo - 548), p.k.: 0+000 ao 1+690.

-Estrada PO-192 (PO-548 - Bamio - PO-548), p.k.: 0+000 ao 0+440.

O 18 de febreiro de 2007, a Dirección Xeral de Obras Públicas dá a súa conformidade á proposta formulada polo devandito servizo e a Subdirección Xeral de Estradas.

A 22 de marzo de 2007, o Concello de Catoira manifesta a súa aceptación ao exposto no informe-proposta.

O artigo 54 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, establece que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas nos cales a circulación adquira características urbanas entregaranse aos concellos respectivos.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes considerou adecuado o cambio de titularidade dos seguintes treitos: treito antigo da estrada C-550 (referencia Casa Hipólito); estrada PO-191 (PO-548 - Abalo - 548), p.k.: 0+000 ao 1+690; estrada PO-192 (PO-548 - Bamio - PO-548), p.k.: 0+000 ao 0+440; susceptibles de cesión ao concello por estaren incluídas no anexo II do Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, facendo referencia a aquelas susceptibles de seren transferidas, por non dar continuidade a itinerarios ou seren treitos antigos de estradas en que se fixeron variantes de trazado, tendo en conta que as estradas citadas adquiriron características netamente urbanas.

Nos tramos das estradas C-550, PO-191 e PO-192, que se ten previsto transferir, concorren as seguintes características: son estradas que non dan continuidade a un itinerario de interese autonómico. Nelas concorren elementos que denotan o seu carácter urbano no tocante ao tráfico que discorre pola zona, así como por estar beiradas de edificacións nunha parte importante do seu trazado e a existencia dunha alternativa viaria clara para os tráficos interurbanos.

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR