Resolución do 9 de agosto de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declara de utilidade pública, en concreto, a instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/235).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións que a seguir se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 17 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Soutullo (cerramento Riveiras).

Situación: Mañón.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV (cerramento Riveiras), cunha lonxitude de 1,744 km, con orixe en apoio de formigón existente da L.M.T. a C.T. Folgoso (expediente 06/128, en tramitación), en condutor LA-56/54,6 mm2, e final en apoio de formigón s/n anterior a C.T. Vilariño da L.M.T. de Ortigueira a Vilariño (expediente 34.063).

Liña eléctrica de media tensión aéera a 20 kV (derivación a Soutullo), cunha lonxitude de 0,070 km, coa orixe no apoio nº 4 da L.M.T. a C.T. Soutullo (cerramento Riveiras), condutor LA-56/54,6 mm2, e final no C.T. Soutullo.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,714 km, con orixe no cambio aereosubterráneo no apoio nº 3 da L.M.T.A. a C.T. Soutullo (cerramento Riveiras), en condutor R.H.Z.1, e final no cambio aerosubterráneo apoio nº 4 da L.M.T. a C.T. Soutullo (cerramento Riveiras) apoio de entroncamento derivación a C.T. Soutullo.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 25 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,17 km, con orixe no C.T. Soutullo, condutor tipo R.Z. e apoios de formigón. Concello de Mañón.

Resultan os seguintes feitos:

Primeiro.-A petición someteuse a información pública por Acordo do 19 de xuño de 2006, desta delegación provincial, publicada no Diario Oficial de Galicia do 17 de agosto de 2006, no BOP da Coruña do 18 de xullo de 2006 e no xornal La Voz de Galicia do 20 de xullo de 2006, e a ocupación temporal por Acordo do 27 de febreiro de 2007, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo de 2007, no BOP da Coruña do 27 de marzo de 2007, e no xornal La Voz de Galicia do 19 de abril de 2007, en aplicación do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-Dentro do prazo establecido foron presentadas alegacións por:

Juan Carlos Paraños García e José Paraños Formoso, propietarios dos predios nº 16, 42, 60, 62, 64 e 65 manifestan que non se opoñen á instalación da liña por tratarse dunha instalación de utilidade pública e facilitarán en canto lle sexa posible o seu paso, pero nunhas condicións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR