Decreto 75/2008, do 10 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade do tramo da estrada autonómica LU-221 (Monterroso (N-640) - Palas de Rei (N-547) p.k. 0+000 ao 0+660, a prol do Concello de Monterroso.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O 27 de outubro de 2006 asinouse un convenio de colaboración entre a CPTOPT e o Concello de Monterroso para o acondicionamento da travesía na estrada LU-221 (Monterroso (N-640) - Palas de Rei (N-547)), no treito que ocupa a travesía que discorre por Monterroso ata o desvío de Esporiz, desde o p.k. 0+000 ata o 0+660.

Na cláusula segunda, alínea 12 do citado convenio, o Concello de Monterroso dá a súa conformidade e aceptación da transferencia ao seu favor da titularidade da vía no treito obxecto de actuación.

O 17 de outubro de 2007 o Servizo de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Obras Públicas informa favorablemente o cambio de titularidade do tramo comprendido entre o p.k. 0+000 e o 0+660 da estrada LU-221 (Monterroso (N-640) - Palas de Rei (N-547)) a prol do Concello de Monterroso.

O 19 de outubro de 2007 a Dirección Xeral de Obras Públicas dá a súa conformidade á proposta formulada polo devandito servizo e a Subdirección Xeral de Conservación e Explotación.

O 4 de decembro de 2007 o Concello de Monterroso manifesta a súa aceptación ao exposto no informe-proposta da Dirección Xeral de Obras Públicas.

O artigo 54 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia establece que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas entregaranse aos concellos respectivos.

No treito da estrada LU-221 (Monterroso (N-640) - Palas de Rei (N-547)) p.k. 0+000 ao 0+660, que está previsto transferir, concorren as seguintes características: o treito mencionado discorre integramente polo núcleo urbano de Monterroso, posúe beirarrúas en todo o seu percorrido e ten edificacións e servizos urbanos.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes considerou axeitado o cambio de titularidade do treito comprendido entre o p.k. 0+000 e o 0+660 da estrada LU-221 (Monterroso (N-640)-Palas de Rei (N-547)), susceptible de cesión ao Concello por estar incluída no Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta que a estrada citada adquiriu características netamente urbanas.

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR