Decreto 97/2008, do 24 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito da estrada PO-300 Nogueira (PO-531)-Cambados (VG-4.3) p.k. do 0+000 ao 2+680 a prol do Concello de Meis.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O 4 de novembro de 2005 o Concello de Meis solicita á Delegación Provincial de Pontevedra desta consellería a transferencia da titularidade da estrada PO-300 de Nogueira a Cambados no tramo que pasa pola Travesía do Mosteiro no núcleo urbano da capital do concello.

O 17 de outubro de 2007, o Servizo de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Obras Públicas emite informe favorable sobre o cambio de titularidade do tramo comprendido entre o p.k. 0+000 e o 2+680 da estrada PO-300 (Nogueira-Cambados) a prol do Concello de Meis.

O 19 de outubro de 2007 a Dirección Xeral de Obras Públicas dá a súa conformidade á proposta formulada polo devandito servizo e a Subdirección Xeral de Estradas.

O 17 de decembro de 2007 o Concello de Meis manifesta a súa aceptación ao exposto no informe-proposta da Dirección Xeral de Obras Públicas.

O artigo 54 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, establece que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas entregaranse aos concellos respectivos.

No treito da PO-300 comprendido entre o p.k. 0+000 e o 2+680, previsto transferir, concorren as seguintes características: o treito mencionado discorre integramente polo núcleo de Mosteiro, no concello de Meis, posúe beirarrúas e está dotado de servizos de drenaxe, residuais, abastecemento, saneamento e iluminación pública.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes estimou axeitado o cambio de titularidade do treito comprendido entre o p.k. 0+000 e o 2+680 da estrada PO-300 Nogueira (PO-531)-Cambados (VG-4.3), susceptible de cesión ao Concello por estar incluída no Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta que a estrada citada adquiriu características netamente urbanas.

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia en reunión do día vinte e catro de abril de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade a favor do Concello de Meis do treito da estrada PO-300 Nogueira (PO-531)-Cambados...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR