Decreto 76/2008, do 10 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito da estrada autonómica PO-314, p.k. 0+000 ao 0+720, e do treito da estrada PO-551, p.k. 24+700 ao 26+050, a prol do Concello de Moaña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O 12 de decembro de 2005 o Concello de Moaña solicitou, logo de acordo da Xunta de Goberno Local, a transferencia do tramo urbano da PO-314, rúa Daniel Castelao, e da PO-551, rúa Ramón Cabanillas.

O 5 de xullo de 2007 o Concello de Moaña asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para a mellora da seguridade viaria na PO-314, avenida Daniel Castelao, p.k. 16+600 ao 17+350.

Na claúsula segunda o Concello de Moaña dá a súa conformidade e aceptación da transferencia da titularidade da vía obxecto do mencionado convenio ao seu favor, de tal xeito que se procede ao inicio do procedemento administrativo da transferencia.

O 20 de agosto de 2007 o Servizo de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Obras Públicas emite informe favorable ao cambio de titularidade a prol do Concello de Moaña do treito da rúa Ramón Cabanillas: estrada PO-551 (Marín (PO-546) - Rande (N-554)), p.k. 24+700 ao 26+050.

O 21 de agosto de 2007 a Dirección Xeral de Obras Públicas dá a súa conformidade á proposta formulada polo devandito servizo e a Subdirección Xeral de Conservación e Explotación.

O 17 de outubro de 2007 o Servizo de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Obras Públicas emite informe favorable ao cambio de titularidade a prol do Concello de Moaña do treito da avenida Daniel Castelao: estrada PO-314 (Moaña (PO-551) - Porto do Con), p.k. 0+000 ao 0+720.

O 19 de outubro de 2007 a Dirección Xeral de Obras Públicas dá a súa conformidade á proposta formulada polo devandito servizo e a Subdirección Xeral de Conservación e Explotación.

O 20 de novembro de 2007 o Concello de Moaña manifesta a súa aceptación ao exposto en ambos os informes-proposta.

As estradas PO-314 (da rede secundaria) e PO-551 (da rede primaria básica) son susceptibles de cesión ao Concello por estaren incluídas no Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 54 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia establece que as estradas autonómicas ou provinciais, ou os treitos determinados delas, nas que a circulación adquira características urbanas se entregarán aos concellos respectivos.

Tanto no treito da rúa Ramón Cabanillas, estrada PO-551 (Marín (PO-546) - Rande (N-554)), p.k. 24+700 ao 26+050, como no treito da avenida Daniel Castelao, que coincide coa totalidade da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR