Decreto 15/2004, do 15 de xaneiro, polo que se modifica o artigo 14.1º do Regulamento de máquinas recreativas e de azar, aprobado polo Decreto 106/1998, do 12 de febreiro.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A introducción das máquinas de xogo tipo «A especial» pola disposición adicional décimo cuarta da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, supuxo un notorio avance na regulación xeral das máquinas recreativas e de azar.

Sen embargo, a novidade lexislativa débese desenvolver normativamente, o que se levou a cabo nun primeiro momento pola Orde do 31 de xaneiro de 2003, pola que se establece o procedemento de homologación dos modelos das máquinas de xogo «A especial».

Pero esta regulación amósase claramente insuficiente na súa aplicación práctica, ó haber unha clara lagoa legal no referente ás constitucións das fianzas que prevé o artigo 14 do Regulamento de máquinas recreativas e de azar, aprobado polo Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, para outros tipos de máquinas, pero que non prevía, como era lóxico, as fianzas para o novo tipo de máquina introducido pola devandita Lei 3/2002.

Cómpre, en consecuencia, adapta-la normativa en vigor e enche-la lagoa coa previsión das contías das fianzas para este tipo de máquinas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, de acordo coa Comisión do Xogo de Galicia, e de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único

O número 1, do artigo 14 do Regulamento de máquinas recreativas e de azar, aprobado polo Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, queda redactado do seguinte xeito:

«Para obte-la autorización e inscrición como empresa fabricante, importadora ou...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR