Decreto 252/2003, do 2 de maio, de modificación do Decreto 97/2001, do 22 de marzo, de regulación básica dos órganos de dirección, asesoramento, calidade e participación das institucións hospitalarias do Servicio Galego de Saúde e do Decreto 279/2002, do 18 de xullo, polo que se regulan os órganos de dirección, asesoramento, calidade e participación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O Decreto 97/2001, do 22 de marzo, de regulación básica dos órganos de dirección, asesoramento, calidade e participación das institucións hospitalarias do Servicio Galego de Saúde, foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 93, do 15 de maio, para un ámbito de aplicación que inclúe tódolos centros de atención especializada da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

A finalidade deste regulamento foi establecer unha regulación básica sobre órganos de dirección, asesoramento, calidade e participación dos hospitais do Servicio Galego de Saúde, sen menoscabo de poder dar respostas individuais en función da diversidade dos hospitais e do seu desenvolvemento organizativo.

O obxectivo fundamental desta norma foi reforza-la calidade dos servicios sanitarios prestados polo Servicio Galego de Saúde e darlles unha maior participación ós profesionais, ás organizacións e ós propios usuarios.

Recentemente, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentencia nº 829/2002, do 27 de novembro, relativa ó recurso 1/100672001, declarou a nulidade do artigo 7 deste decreto, en canto non prevía un mínimo de esixencias de capacidade profesional para o desenvolvemento do cargo de director, en concreto na rama de xestión e servicios xerais.

No devandito artigo 7 regulábase a provisión dos postos do equipo directivo dos hospitais do Servicio Galego de Saúde, que se efectuaría polo sistema de libre designación mediante convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia no que poderían participa-las persoas que estivesen vinculadas a calquera Administración pública por unha relación funcionarial ou estatutaria, sempre que cumprisen os requisitos esixibles en cada caso, ou conforme o réxime laboral especial de alta dirección, regulado no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, e de conformidade co previsto na disposición adicional décima da Lei 30/1999, do 5 de outubro, de selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos servicios de saúde. Sen embargo, non se prevía un míni

mo de esixencias de capacidade profesional, como titulación ou cualificación profesional dos directivos.

Por todo isto, cómpre a modificación do devandito decreto en execución de sentencia no que atinxe ás esixencias de capacidade profesional para o desenvolvemento do cargo de director, así como dos outros órganos directivos por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR