Decreto 569/2005, do 29 de decembro, polo que se asumen as funcións transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia pola Deputación Provincial de Pontevedra sobre o centro educativo Fogar Provincial Príncipe Felipe e se aproba o traspaso dos correspondentes medios persoais e materiais.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu artigo 31 que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis, graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo

do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 desta, o desenvolvan, das facultades que atribúe ao Estado o número 30 do punto 1º do artigo 149 da Constitución, e da alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía.

En virtude do disposto naquel momento polo artigo 10.2º da Lei orgánica 8/1985, do dereito á educación, na disposición adicional quinta da Lei orgánica 9/1995, de participación, avaliación e goberno dos centros docentes, na disposición adicional sétima do Real decreto 2377/1985, de concertos educativos, e na existencia dun convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado o 20 de xuño de 2001, permitíase o funcionamento do instituto de educación secundaria Fogar Provincial Príncipe Felipe, dependente da deputación, como centro público en réxime de convenio.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de xullo de 2005, visto o artigo 64 da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, autorízase a sinatura dun convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra, para o establecemento das condicións de traspaso dos medios materiais e persoais do instituto de educación secundaria Fogar Provincial Príncipe Felipe, dependente da institución provincial, á Administración autonómica.

Por outra banda, a Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión plenaria extraordinaria celebrada o 29 de xullo de 2005, acorda a transferencia do centro de formación profesional da cidade infantil Príncipe Felipe da Deputación Provincial de Pontevedra á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, polo que se presta aprobación ao convenio de colaboración indicado e se acorda a cesión en propiedade a título gratuíto, á Xunta de Galicia do conxunto inmobiliario constituído pola totalidade das dependencias e instalacións afectas ao funcionamento do centro educativo, así como do persoal docente e non docente dependente do padroado reitor que rexe o centro.

O referido convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra asínase con data do 29 de xullo de 2005.

Por isto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e nove de decembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións transferidas pola...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR