Decreto 106/2006, do 30 de xuño, polo que se asumen os medios económicos e as funcións e servizos transferidos pola Administración central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia mediante os reais decretos 552 e 553/2006, do 5 de maio.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Polo Real decreto 552/2006, do 5 de maio, amplíanse os medios económicos adscritos aos servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 146/1993, do 29 de xaneiro, en materia de xestión da formación profesional ocupacional.

Polo Real decreto 553/2006, do 5 de maio, traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servizos en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña.

Parece conveniente asumir de maneira expresa as funcións e os servizos traspasados que se consignan nos reais decretos aludidos, nos termos e condicións expresados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias, e asignalas aos órganos correspondentes da Administración galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xuño de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan asumidos os medios económicos traspasados pola Administración central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 552/2006, do 5 de maio, polo que se amplían os medios económicos adscritos aos servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 146/1993, do 29 de xaneiro, en materia de xestión da formación profesional ocupacional, nos termos e condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias que se publica como anexo ao dito decreto.

Os medios económicos que figuran nas relacións anexas ao real decreto asígnanse á Consellería de Traballo.

Artigo 2º
  1. Quedan asumidas as funcións e os servizos traspasados pola Administración central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña mediante o Real decreto 553/2006, do 5 de maio, nos termos e condicións especificados no acordo da

    Comisión Mixta de Transferencias que se publica como anexo ao dito decreto.

  2. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar exercerá as funcións correspondentes ás gardarías infantís; para este fin adscríbenselle os medios e servizos traspasados para tal efecto.

  3. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria exercerá as funcións correspondentes en materia educativa; para este fin adscríbenselle os medios e servizos traspasados para tal efecto.

  4. A Consellería de Traballo exercerá as funcións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR