Decreto 199/2004, do 29 de xullo, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

A Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, ten como obxecto a determinación, protección, utilización e policía do dominio público marítimo-terrestre, recollendo así o ditado constitucional que atribúe ao Estado a facultade de definir o dominio público estatal e establecer o réxime xurídico de todos os bens que o integran.

Con este fin dispón unha serie de medidas de protección entre as que revisten especial interese as limitacións á propiedade dos terreos lindantes co dominio público. Sobre eles establécese unha servidume coa cal se trata de evitar certos usos e actividades, especialmente edificatorias, susceptibles de causar danos irreparables ao medio natural.

Tendo en conta a repartición constitucional de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas, a adopción das citadas medidas de protección corresponderá a un ou outro ente territorial en función da competencia que deba exercerse, tal como sinalou o Tribunal Constitucional na súa sentenza 149/1991, do 4 de xullo. Así, polo que respecta á zona de servidume de protección antes aludida, a sentenza declara a competencia estatal para establecer os usos prohibidos ou autorizables definidos no artigo 25 da lei, por canto tal regulación ten que considerarse normativa básica para a protección do ambiente; mentres que corresponde ás comunidades autónomas exercer a potestade de autorización dos ditos usos, facultade executiva que deriva das competencias autonómicas para executar a normativa sobre protección ambiental.

Co fin de regular a intervención da comunidade autónoma nos procedementos previstos na lei de costas, ditouse o Decreto 19/1993, do 28 de xaneiro, substituido polo 151/1995, do 18 de maio, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma galega en materia de costas e a súa atribución á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, agora vixente.

A experiencia acadada desde a súa promulgación, os cambios na distribución competencial ocorridos nese período na Xunta de Galicia e as modificacións lexislativas operadas aconsellan agora un novo tratamento da materia que, de xeito claro e transparente, regule as formas e procedementos para a execución da lexislación en materia de costas pola comunidade autónoma.

Así, neste decreto, despois dun capítulo primeiro en que se define o seu obxecto, regúlanse no capítulo segundo as competencias e o procedemento de tramitación da autorización autonómica para usos per

mitidos na zona de servidume de protección, así como para a legalización dos usos xa establecidos.

Tendo en conta que para a execución dunha mesma obra ou exercicio dunha mesma actividade pode ser necesaria a obtención de diferentes actos de autorización, autonómica e municipal, regúlase no capítulo terceiro o réxime de concorrencia da autorización autonómica con outros títulos, en especial coas licenzas municipais. E como concreción dos principios de cooperación, asistencia e coordinación que deben presidir as relacións entre as administracións públicas, regúlanse as obrigas de información nunha materia en que concorren as competencias de ambas.

No capítulo cuarto establécese o procedemento sancionador por infraccións cometidas na zona de servidume de protección, de forma respectuosa coa remisión que a propia lei de costas fai á normativa xeral sobre a materia. Así mesmo, delimítanse as competencias para impor as sancións e regúlase a obriga de restitución das obras non autorizadas na zona de servidume de protección.

Dado que a obriga de restitución é independente da sanción administrativa que se impoña, e mesmo pode existir sen necesidade de expediente sancionador, no capítulo quinto regúlase especificamente o procedemento para a súa resolución.

E, por último, no capítulo sexto determínanse os órganos competentes para a emisión de informes da Administración autonómica en execución da normativa de costas, no cal se refire ao dominio público marítimo-terrestre ou á súa servidume de protección e tránsito.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de xullo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.
  1. Este decreto ten por obxecto regular a intervención da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre prevista no artigo 23 da Lei de costas, así como a emisión dos informes autonómicos requiridos en execución da normativa en materia de costas.

  2. Para os ditos efectos, neste decreto regúlanse:

-A autorización autonómica dos usos permitidos na zona de servidume de protección.

-A concorrencia de dita autorización con outros títulos, en especial coas licenzas municipais.

-O procedemento sancionador por infraccións cometidas na zona de servidume de protección.

-A obriga de restitución das obras non autorizadas na zona de servidume de protección.

-A emisión de informes da Administración autonómica en execución da lexislación de costas referidos ao dominio público marítimo-terrestre ou á súa servidume de protección e tránsito.

Capítulo II

Autorizacións na zona de servidume de protección

do dominio público marítimo-terrestre

Artigo 2º Obxecto da autorización.
  1. Requirirán autorización autonómica as obras, instalacións e usos na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre promovidos por persoas físicas e xurídicas distintas da Comunidade Autónoma galega.

  2. Só poderán ser autorizadas aquelas obras, instalacións ou usos permitidos pola lexislación en materia de costas e de acordo coas súas determinacións.

Artigo 3º Solicitude.
  1. As solicitudes de autorización para as actuacións descritas no artigo anterior deberán dirixirse á delegación provincial ou territorial da consellería competente en materia de costas que corresponda por razón da localidade, e presentarse en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR