Decreto 147/2006, do 31 de agosto, polo que se modifica o Decreto 156/2002, do 18 de abril, polo que se establecen os prezos públicos dos conservatorios de música, centros autorizados de música, conservatorios de danza, centros autorizados de danza, escolas oficiais de idiomas e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A norma que determina os prezos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de réxime especial de música, danza, idiomas e conservación e restauración de bens culturais é o Decreto 156/2002, do 18 de abril. Desde a promulgación desta norma ata a actualidade implantáronse en Galicia as ensinanzas superiores de arte dramática e as ensinanzas superiores de deseño, o que fai preciso fixar os prezos destas ensinanzas, así como axustar os xa existentes noutros ámbitos educativos co obxecto de homoxeneizar os criterios para a súa aplicación, mediante a publicación do correspondente decreto.

Para estes efectos, establécense os prezos públicos tomando como unidade de referencia o crédito naquelas ensinanzas que xa teñen definida a súa estrutura curricular de acordo con este patrón, e diferenciando as que son conducentes a unha titulación equivalente a diplomatura universitaria daqueloutras equivalentes a licenciatura universitaria, segundo dispón a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Así mesmo, establécense os prezos públicos de acordo co artigo 9 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, co fin de procurar a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminación de toda discriminación derivada de prexuízos sociais fundamentados no xénero.

Na súa virtude, e de conformidade co previsto no artigo 47 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Consellería de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de agosto de dous mil seis.

DISPOÑO:

Artigo único

Os artigos do Decreto 156/2002, do 18 de abril, polo que se establecen os prezos públicos dos con

servatorios de música, centros autorizados de música, conservatorios de danza, centros autorizados de danza, escolas oficiais de idiomas e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, que a continuación se relacionan, quedarán redactados como seguen:

Un

Artigo 1º

Este decreto establece a contía dos prezos públicos correspondentes ás ensinanzas regradas de música, danza, arte dramática, idiomas, conservación e restauración de bens culturais e estudos superiores de deseño na Comunidade Autónoma de Galicia

.

Dous

Artigo 2º

1. Nas ensinanzas de música e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR