Decreto 233/2003, do 3 de abril, de axudas ós concellos para a infravivenda rural.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 343/1992, do 26 de novembro, de axudas ós concellos para a infravivenda rural, establecía o marco de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os concellos de Galicia para a solución do problema das infravivendas rurais habitadas por familias con baixos ingresos, co obxecto de que puidesen acadar unha vivenda digna conservando a súa integración social co medio.

O Decreto 195/1996, do 17 de maio, modificou determinados artigos do Decreto 343/1992, do 26 de novembro, referentes ás actuacións protexidas e á tramitación das axudas.

A disposición adicional do Decreto 127/2001, do 25 de maio, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrucción de vivendas no medio rural de Galicia modificaba o artigo 4º do Decreto 343/1992, do 26 de novembro, no referente ás porcentaxes e contía das axudas.

A Orde do 19 de xullo de 2001 determinaba os ingresos familiares e a súa ponderación e establecía o impreso cos datos da unidade familiar e da infravivenda.

A xeral aceptación destas axudas polos concellos, así como a necesidade aínda existente de resolve-lo problema da vivenda das familias con baixos ingresos que habitan en infravivendas rurais de Galicia explican a oportunidade dunha nova normativa que, por unha banda, recompile a anteriormente dispersa e, pola outra, a actualice en coherencia coas actuais disposicións da nova normativa autonómica e estatal en materia orzamentaria, procedemental e fiscal.

O presente decreto desenvolverase mediante ordes anuais que determinarán a contía dos recursos para cada exercicio orzamentario.

En virtude do anterior e por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

A presente disposición ten por obxecto establece-lo marco da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os concellos de Galicia, incentivados mediante subvencións a fondo perdido para a solución do problema das infravivendas rurais de modo que as familias con baixos ingresos que as habitan poidan acadar unha vivenda digna conservando a súa integración social co medio.

Artigo 2º Concepto de infravivenda rural.
  1. Para os efectos da presente disposición enténdense por infravivendas rurais as edificacións situadas en entidades de poboación de menos de 1.500 habitantes que, sen reuniren as mínimas condicións de habitabilidade, veñen sendo utilizadas como vivendas por familias con ingresos ponderados inferiores ó salario mínimo interprofesional.

  2. As anteditas condicións mínimas de habitabilidade enténdense referidas ós seguintes aspectos: seguridade e estanqueidade, condicións hixiénico-sanitarias, espacio habitable suficiente, servicios de auga e electricidade.

Artigo 3º Actuacións protexibles.

As axudas ós concellos previstas no presente decreto deberán destinarse a algunha das seguintes actuacións:

  1. Actuacións en infravivendas ou terreos propiedade dos afectados.

    1. Rehabilitación da infravivenda.

      Comprende actuacións en cubertas, fachadas e carpinterías exteriores así como as dirixidas a garanti-las condicións hixiénico-sanitarias e de habitabilidade e as obras de acondicionamento térmico, illamentos e estanqueidade da vivenda, mellora das instalacións eléctricas, acabamentos interiores e adaptación da vivenda para uso de minusválidos.

    2. Reconstrucción da infravivenda.

      Comprende as actuacións de reestructuración interior e baleirados totais con mantemento de fachadas, as reconstruccións integrais e as ampliacións do volume da edificación.

    3. Nova construcción de vivenda unifamiliar.

      Comprende a construcción de vivenda nova unifamiliar con destino a realoxamento da familia que habita na infravivenda non susceptible dalgunha das actuacións precedentes.

  2. Actuacións en edificacións ou terreos do concello.

    1. Acondicionamento de edificacións do concello para o seu uso como vivendas.

      Comprende as actuacións de rehabilitación e acondicionamento de edificacións dos concellos co fin de adaptalas para aloxamento das familias que habitan en infravivendas non susceptibles dalgunha das actuacións precedentes.

    2. Nova construcción de vivendas.

      Comprende a construcción de vivendas novas con destino a realoxamento das familias que habitan en infravivendas non susceptibles dalgunha das actuacións precedentes.

  3. Requisitos das actuacións.

    Tódalas actuacións se axustarán ó planeamento vixente e deberán ser coherentes coa tipoloxía tradicional da zona, e adecuadas ó medio e á paisaxe.

    As actuacións deberán cumpri-la normativa vixente en materia de habitabilidade, e especificamente as esixencias derivadas do Decreto 311/1992, do 12 de novembro.

    Deberán, así mesmo, mante-las características tipolóxicas valiosas da edificación primitiva conservando os elementos que o merezan polo seu valor artístico, histórico, arquitectónico ou da tipoloxía...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR