Resolución do 2 de marzo de 2007 pola que se regulan as bases para a concesión de axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorSERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
Rango de LeyResolución

En virtude do artigo 148.1º.20 da Constitución española e o artigo 27.23º do Estatuto de autonomía de Galicia, a Comunidade Autónoma asume a competencia exclusiva en materia de asistencia social. No exercicio da dita competencia o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, relacionando de entre as áreas de actuación a destinada á muller. No seu artigo 50 prevé a posibilidade de concederlles prestacións e axudas económicas a persoas que se atopen en estado de necesidade.

O Decreto 211/2006, do 3 de agosto, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e a través do Decreto 232/2006, do 11 de agosto, modificado polos decretos 332/2006, do 18 de agosto, e 454/2006, do 1 de setembro, establece a estrutura dos seus departamentos. De conformidade cos referidos decretos, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar asume o exercicio das competencias en materia de políticas autonómicas, de igualdade e xénero e as de benestar.

A Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo que depende da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar adscrito á Secretaría Xeral da Igualdade, establece no seu artigo 3 como funcións deste organismo promover medidas para a consecución da igualdade efectiva das mulleres, coordinar e avaliar plans e programas de acción e colaborar no desenvolvemento de actividades que realicen as administracións locais e todas as entidades que polos seus fins contribúan para a consecución dos obxectivos previstos nesta lei.

O Parlamento de Galicia aprobou a Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes. A dita lei establece no seu título I referido ás actuacións administrativas da Xunta de Galicia, e concretamente no capítulo IV sobre a violencia contra as mulleres, as medidas de erradicación da violencia tanto nas áreas de prevención, intervención como de integración. Dentro das áreas de integración, a Comunidade Autónoma de Galicia posibilita que as mulleres vítimas desta violencia en estratos menos favorecidos poidan acceder ás rendas de integración e ás axudas de emerxencia.

A violencia contra as mulleres prodúcese maioritariamente no ámbito familiar e doméstico, xeralmente no contexto do propio domicilio, por parte do agresor que ten ou tiña un vínculo afectivo coa

muller maltratada. Para erradicar estas situacións é necesario que conflúan múltiples factores, tendo en conta que esta lacra social pode xurdir de múltiples causas. A dependencia económica respecto do agresor é unha das razóns que dificultan ás mulleres a dar o primeiro paso para romper coa situación de violencia. Para os efectos de posibilitar unha autonomía económica que permita afrontar a erradicación desta situación, principalmente nos primeiros momentos, procede avaliar novas iniciativas por parte dos poderes públicos. O obxectivo é abordar a cuestión nas áreas de intervención e integración a través dunha axuda económica directa nos casos necesarios, que permita a ruptura da subordinación respecto ao agresor, de acordo co establecido no artigo 19.1º c) da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. O dereito á axuda vén determinado pola acreditación da situación de vítima de violencia de xénero, extremo que, de xeito ordinario para os efectos desta norma, se constata a través da orde de protección ou da medida cautelar, da sentenza que declare que a muller sufriu violencia, do informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local, do informe dos servizos de acollida ou do informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

En consecuencia, a través desta disposición preténdense regular as bases que rexerán o procedemento de concesión dunhas axudas dirixidas ás mulleres que sofren violencia, procedendo á apertura da súa convocatoria para o ano 2007, esta norma aborda o perfil da beneficiaria, primando a súa posición de dependencia económica do agresor que obriga á convivencia fronte á circunstancia de ser parte dun colectivo que fundamenta outro tipo de prestacións sociais, a natureza da dita axuda, as contías e o réxime de concesión. A finalidade perseguida condiciona o seu tratamento, o seu carácter social determina que cumpridos os requisitos exixidos sexa concedida ata a dispoñibilidade orzamentaria baixo o réxime de concorrencia non competitiva.

No Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establécense os réximes para as concesión de axudas e subvencións públicas pola Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, establécense os requisitos e as normas necesarias e básicas para a xestión e actividade económico-financeira, normativa á cal, en consecuencia, se adaptará esta resolución, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade e obxectividade, agás o réxime xeral de concorrencia competitiva establecido no artigo 78.8º do decreto lexislativo.

Así mesmo, seralle de aplicación a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. As axudas económicas que se aproben ao abeiro desta resolución financiaranse, para o exercicio actual con cargo á aplicación orzamentaria 05.80.313D.480.0 dos orzamentos deste organismo autónomo, de acordo coa Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, reservándose para tal efecto un crédito de 263.400 euros. Para o financiamento das subvencións plurianuais correspondentes ás concesións que pola súa duración xeren dereitos económicos das beneficiarias durante o exercicio seguinte, circunstancia suxeita á autorización previa do Consello da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR