Decreto 28/2005, do 28 de xaneiro, polo que se regula o control das biotoxinas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

A incorporación de España á Unión Europea exixiu a transposición da directiva do Consello 91/492/CEE, do 15 de xullo, modificada pola directiva do Consello 97/61/CE, do 20 de outubro, pola que se fixan as normas sanitarias aplicables á produción e posta no mercado dos moluscos bivalvos vivos, mediante o Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria que fixa as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalvos vivos e o Real decreto 345/1993, do 5 de marzo, polo que se establecen as normas de calidade das augas e da produción de moluscos e outros invertebrados mariños vivos, refundidos no Real decreto 571/1999, que derroga o Real decreto 308/1993 e modifica parcialmente o Real decreto 345/1993.

O Real decreto de transferencias 1634/1980, do 31 de xullo, establece que lle corresponde á Xunta de Galicia o control sanitario da produción, transporte, manipulación e venda de alimentos, bebidas e produtos relacionados directa ou indirectamente coa alimentación humana. Na Comunidade Autónoma de Galicia o Decreto 116/1995, do 31 de marzo, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, regula o control das biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura e a Orde do 14 de novembro de 1995 da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura define o sistema de control de biotoxinas mariñas nos moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura e as condicións para a autorización ou prohibición da extracción e posta no mercado destes organismos.

O Decreto 116/1995 establece que o control das biotoxinas nos moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura é competencia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, correspondéndolle a Consellería de Sanidade a vixilancia e o control dos moluscos nas fases de comercialización, transporte, transformación e mercados de venda.

A aparición dun novo tipo de toxina, a ASP (Amnesic Shellfish Poisoning), e a constatación da súa presenza nos moluscos das rías galegas, fixo necesaria a regulación deste tipo de toxina e dos seus límites aceptables que permiten protexer a saúde dos consumidores, publicándose o Decreto 98/1997, do 14 de marzo, polo que se modifica o Decreto 116/1995. Con posterioridade, a Comunidade Europea publicou a directiva do Consello 97/61/CE,

do 20 de outubro, pola que se modifica o anexo da directiva do Consello 91/492/CEE, en que se establece o control da toxicidade ASP.

O Decreto 106/1999, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de abril, modifica os anexos I e II do Decreto 116/1995, coa finalidade de mellorar o seguimento e control das biotoxinas mariñas dos grupos DSP e PSP mediante a adaptación das técnicas analíticas que se van empregar descritas nos citados anexos do Decreto 116/1995.

A decisión da Comisión 2002/225/CE, do 15 de marzo do 2002, pola que se establecen as normas detalladas para a aplicación da Directiva 91/492/CEE do Consello, no que se refire aos niveis máximos e aos métodos de análise de determinadas biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños, considera que está cientificamente demostrado que algunhas biotoxinas mariñas, como as do grupo do síndrome diarreico (DSP) (ácido ocadaico -AO- e dinofisistoxinas -DTX-), así como as iesotoxinas (YTX), as pectenotoxinas (PTX) e os azaspirácidos (AZA), constitúen un perigo grave para a saúde humana cando están presentes en determinados organismos mariños destinados ao consumo humano, superando determinados límites. Esta decisión establece que, ademais dos métodos de análise biolóxicos, poderían aceptarse métodos de detección alternativos, como son os métodos químicos e os ensaios in vitro, cando se demostre que estes métodos son tan eficaces como o método biolóxico e que a súa aplicación proporciona o mesmo nivel de protección da saúde pública; parece adecuado, polo tanto, en aras a unha maior axilidade lexislativa, non incluír no presente decreto a descrición das técnicas analíticas para empregar no control das biotoxinas mariñas, regulando estas mediante orde.

Os avances científicos, metodolóxicos e dos sistemas de control das biotoxinas mariñas e a necesidade de regular os novos tipos de biotoxinas mariñas, recollidos na decisión da Comisión 2002/225/CE, fan precisa unha actualización e refundición da normativa vixente para o control das biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura. Os niveis máximos propostos baséanse en datos provisionais e que, polo tanto, deben volver a avaliarse cando se dispoña de novas probas científicas.

Os regulamentos (CE) do Parlamento Europeo e do Consello, nº 853/2004, con data do 29 de abril e nº 854/2004, con data do 29 de abril, refunden as normas específicas de hixiene dos produtos alimenticios de orixe animal que conteñen diversas directivas garantindo un elevado nivel de protección dos consumidores, asegurando a inocuidade alimentaria e, en concreto, logrando que os operadores das empresas alimentarias estean sometidos ás mesmas disposicións xurídicas en toda a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR