Resolución do 12 de maio de 2004 pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución, se recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial e se declara a utilidade pública, en concreto, do Parque Eólico Buio, así como a compatibilidade e incompatibilidade do Parque Eólico Buio con diversos dereitos mineiros na provincia de Lugo. (Expediente 076-EOL).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyResolución

Examinado o expediente instruído a pedimento de Eurovento, S.L. Unipersonal con domicilio para efectos de notificacións na Rúa Varsovia 4-C, 5º andar, Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sobre a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial e declaración da utilidade pública, en concreto, do parque eólico denominado Buio, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Resolución do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, publicada no BOE nº 36, do 10 de febreiro de 2001 e no DOG nº 30, do 12 de febreiro de 2001, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Buio para os efectos de presentación das solicitudes en competencia, sen terse presentado, no prazo de 20 días establecido, ningún proxecto en competencia. Presentáronse alegacións por parte de José Luis Sastre Pascual, en escrito do 12 de marzo de 2001, no nome de Turberas del Buyo y del Gistral, S.A., alegando que o proxecto do parque eólico está sobre concesións mineiras da súa titularidade, e solicita ser tido en conta como parte interesada e afectada no expediente administrativo do dito parque eólico.

Segundo.-O 6 de abril de 2001, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal, solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial e declaración ambiental do parque eólico denominado Buio, presentado a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación neste expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes dou

tros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, se establecese o condicionado procedente.

Cuarto.-O 12 de xullo de 2001 a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo informa favorablemente o proxecto de execución do parque eólico de Buio, situado nos concellos de Viveiro, O Valadouro, Xove e Cervo (Lugo), situado nas seguintes coordenadas poligonais en unidades UTM:

NºXY

1619.5004.825.000

2627.0004.825.000

3627.0004.828.800

4619.5004.827.100

5622.0004.827.100

6622.0004.828.800

E coas características técnicas do parque eólico seguinte:

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

Tipo de aeroxeradores: Bazán-Bonus 1,3 MW.

Produción neta anual estimada: 129.200 MWh/ano.

Orzamento total: 36.556.719,56 A.

* Características técnicas da infraestrutura eléctrica de transformación e interconexión:

-37 aeroxeradores tipo BAZAN-BONUS 1,3 MW de 1.300 kW de potencia total unitaria.

-37 centros de transformación de 1.600 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior da torre do aeroxerador coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.

-Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida nos parques eólicos de Buio e os veciños parques eólicos de Gamoide e Riobó, composta por dous transformadores principais 30/132 kV de 40/50 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal unitaria cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Quinto.-Por Resolución do 14 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial e estudo ambiental do parque eólico denominado Buio, publicándose no BOP de Lugo nº 229, do 4 de outubro de 2001, no Diario Oficial de Galicia nº 192, do 3 de outubro de 2001, no Boletín Oficial del Estado nº 238, do 4 de outubro de 2001,

nos xornais El Progreso do 3 de outubro de 2001 e La Voz de Galicia do 3 de outubro de 2001, na Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo e nos concellos do Valadouro, Viveiro, Cervo e Xove.

Durante o período de información pública presentáronse alegacións por parte de:

  1. Francisco López González, en representación da Asociación Forestal Ourensana, en escrito de data 31 de outubro de 2001, alega o seguinte:

    1. Que o proxecto de execución do citado parque ten unha serie de irregularidades, con incumprimento da lexislación sectorial e desde o punto de vista ambiental.

    2. Que se debe tramitar procedemento da declaración de prevalencia da utilidade pública do proxecto sobre os montes veciñais en man común.

    3. O solo afectado está cualificado como non urbanizable e de uso exclusivo forestal, afectando a obra leitos fluviais e a paisaxe natural, incumprindo a ordenanza relativa á necesidade de protexer os leitos fluviais existentes na zona.

  2. O Concello de Viveiro, en escritos do 14 e 19 de novembro de 2001, dá traslado do informe sobre o proxecto sectorial e o estudo de impacto ambiental realizado polo enxeñeiro municipal, ratificado na comisión de goberno do concello, reflectindo que a área de afección do parque eólico dentro do concello, se atopa afectada pola suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas acordada polo pleno do concello o 13 de setembro de 2001.

  3. O Concello de Cervo, en escrito do 6 de novembro de 2001, alega ao proxecto sectorial, que non renuncia á súa autonomía local con respecto á concesión da licenza de obras, debéndose repor ao seu estado orixinal os distintos servizos municipais afectados polas obras do parque, se fosen danados.

  4. José Luis Sastre Pascual, en escrito do 13 de novembro de 2001, no nome de Turberas del Buyo y del Gistral, S.A., solicita a denegación da autorización do parque eólico no ámbito territorial que afecta a súa concesión mineira, alegando o seguinte:

    1. O proxecto do parque eólico é incompatible cos dereitos mineiros de que é titular a súa representada, que actualmente están en explotación.

    2. Que ningunha das disposicións legais polas que se sacou a información pública prevé a posibilidade de que a autorización do parque eólico implique a caducidade das concesións mineiras, nin tampouco un trámite destinado a determinar a prevalencia ou compatibilidade entre dereitos mineiros e eólicos.

    3. A concesión mineira implica por imperativo legal, a declaración de utilidade pública, mentres que un parque eólico con autorización non a ten, senón que ten que solicitala expresamente o promotor eólico.

    4. Sería contrario ao ordenamento xurídico tanto a tramitación dun procedemento encamiñado a determinar a prevalencia entre a concesión mineira e o

      parque eólico como a autorización do dito parque cos límites contemplados no proxecto.

    5. Unha autorización do parque eólico, co alcance e a extensión do proxecto sería. nula de pleno dereito, e xeradora de responsabilidade patrimonial e administrativa, dando dereito á súa representada a ser indemnizada polos danos e perdas que se lle ocasionasen.

      Sexto.-O 27 de setembro de 2001, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal, solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Buio, de 48,1 MW, achegando a documentación establecida no Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre produción de enerxía eléctrica por instalacións fornecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e prexuízos.

      Sétimo.-Por Resolución do 3 de marzo de 2003 admítese a trámite ao abeiro da Orde do 13 de novembro de 2002 a solicitude do parque eólico de Buio.

      Oitavo.-Con data do 22 de setembro de 2003 a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, en diante, delegación provincial, emite informe sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico de Buio.

      Noveno.-O 2 de outubro de 2003, José Manuel Pazo Paniagua, no nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal, solicitou a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico denominado Buio, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

      Décimo.-Con data do 6 de outubro de 2003 ábrese por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, un período de presentación de alegacións, en cumprimento do trámite de audiencia contemplado no artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, co obxecto de determinar a compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de produción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Buio coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado. As partes presentaron durante o prazo establecido para o efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes.

      Décimo primeiro.-O 20 de outubro de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do dito parque eólico, a cal foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de xaneiro de 2004 por Resolución do 20 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Establecéndose na dita declaración ambiental como coordenadas UTM...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR