Decreto 90/2008, do 24 de abril, polo que se modifica o Decreto 157/2006, do 7 de setembro, de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

Con data do 19 de setembro de 2006 publicouse o Decreto 157/2006, que delimita o ámbito de aplicación e os procedementos xerais da cédula de rehabilitación de calidade de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos de Galicia.

Coa experiencia acumulada durante os dous exercicios de implantación do citado programa, detectáronse unha serie de aspectos deste que cómpre mellorar para facilitar a súa execución.

Por este motivo, este decreto modifica os seguintes artigos do Decreto 157/2006 :

Artigo 2º.2

que establece o ámbito de aplicación referido a núcleos e conxuntos históricos.

Artigo 4º

que dispón o contido das ordes de convocatoria e bases reguladoras.

Artigo 5º

que define as persoas beneficiarias das subvención que poderán ser convocadas por ordes anuais da Consellería de Vivenda e Solo. No citado artigo establécese como requisito das persoas beneficiarias promotoras das actuacións de rehabilitación ou renovación para uso propio no ámbito rural a residencia nos últimos cinco anos dentro do termo municipal onde está situada a vivenda que se vai rehabilitar.

Artigo 6º

que establece os requisitos das vivendas para seren obxecto das subvencións.

Artigo 7º

que establece as subvencións que se lles poderán outorgar aos promotores das actuacións de rehabilitación e renovación amparadas pola cédula de rehabilitación de calidade.

O presente decreto clarifica e completa o ámbito de protección dos conxuntos, vivendas e edificios con destino á vivenda, con protección patrimonial e establece novas condicións, requisitos e subvencións que lles faciliten ás persoas de baixos ingresos o acceso á vivenda mediante a rehabilitación e renovación de vivendas no ámbito rural contribuíndo, dese modo, a resolver o problema de vivenda desa poboación e a rexuvenecer, revitalizar e repoboar o medio rural de Galicia e a conservar e poñer en valor o seu rico patrimonio construído.

En virtude do anterior, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de abril de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 157/2006, do 7 de setembro, de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia, publicado no DOG do 19 de setembro de 2006.

Modifícase o Decreto 157/2006, do 7 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR