Decreto 180/2007, do 6 de setembro, polo que se modifica o Decreto 157/2006, do 7 de setembro, de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

En data 19 de setembro de 2006 publicouse o Decreto 157/2006, que delimita o ámbito de aplicación e os procedementos xerais da cédula de rehabilitación de calidade de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos de Galicia.

O artigo 5º do Decreto 157/2006 define as persoas beneficiarias das subvencións que poderán ser convocadas por ordes anuais da Consellería de Vivenda e Solo. No citado artigo establécese como requisito das persoas beneficiarias ter sido promotoras das actuacións de rehabilitación ou renovación. No artigo 6º do mesmo decreto recóllese como requisito das vivendas estar en posesión da cédula de rehabilitación de calidade concedida durante os dous anos inmediatamente anteriores aos da presentación da solicitude.

O tempo que media entre o inicio das actuacións rehabilitadoras, tuteladas e avaliadas pola Consellería de Vivenda e Solo, e a solicitude da subvención pode abarcar entre un e catro anos. É posible, polo tanto, que durante este período de tempo se produza o falecemento da persoa inicialmente promotora das actuacións de rehabilitación ou renovación, antes de rematar as obras ou de poder solicitar a subvención.

Nas axudas de rehabilitación, ao igual que nas restantes axudas á vivenda en xeral, considérase o conxunto da unidade familiar, ou convivencial, residente na vivenda como a beneficiaria das actuacións subvencionadas, polo que debe a unidade familiar, ou convivencial, asumir tamén os custos. Por este motivo, establécese o requisito máximo de renda da persoa solicitante obtido en función do conxunto de ingresos familiares.

No caso de falecemento da persoa solicitante, a parella ou cónxuxe usufrutuario ou os herdeiros residentes na vivenda, ou que vaian residir nela, deberán soportar as cargas das actuacións realizadas ou por realizar, sen poder obter os beneficios do procedemento.

Por outra banda, a disposición transitoria do citado Decreto 157/2006 establece un réxime transitorio para aquelas subvencións presentadas dentro do prazo establecido nas convocatorias publicadas con anterioridade e que aínda non acadaron a fase de concesión seguindo as respectivas normativas reguladoras.

As normas referidas son os decretos 228/2002, do 20 de xuño, e 304/2000, do 21 de decembro, sobre subvencións a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR