DECRETO 156/2012, do 12 de xullo, polo que se crea a Comisión de Seguimento das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

O Decreto 44/2012, de 19 de xaneiro, establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sendo segundo o seu artigo 4 o/a conselleiro/a a autoridade superior da consellería, e con tal carácter está investido/a das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

O Consello da Xunta de Galicia, polo Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, publicado no DOG do 22 de febreiro de 2011, aprobou definitivamente as directrices de ordenación do territorio de Galicia, instrumento creado pola Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e que teñen como finalidade básica definir un modelo territorial para Galicia que permita orientar as actuacións sectoriais, dotándoas de coherencia espacial e das referencias necesarias para que se desenvolvan, de acordo cos obxectivos xerais da política territorial de Galicia, conformando unha acción de goberno coordinada e eficaz.

Polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro, apróbanse os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo adscrito á consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo, que entrou en funcionamento o 7 de abril de 2012, e que ten entre as súas funcións a de prestar apoio á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, na realización da avaliación continua dos instrumentos de ordenación territorial, o que inclúe o seguimento das directrices de ordenación do territorio que prevé o punto 10 do artigo 10 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Segundo o artigo 10.10 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, polo Decreto do Consello da Xunta de Galicia determinarase o procedemento que regule o seguimento e posta ao día dos obxectivos e determinacións das directrices de ordenación do territorio.

De conformidade co artigo 8 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, o órgano promotor deberá realizar un seguimento dos efectos no ambiente da aplicación ou execución do plan, conforme o disposto no artigo 15 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, que traspuxo a Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de xuño de 2001. Neste seguimento poderá participar o órgano ambiental correspondente, quen poderá pedir a información e realizar as comprobacións que considere necesarias para verificar a información que figure no informe de sustentabilidade ambiental.

As directrices de ordenación do territorio de Galicia, na súa determinación 10.1.19, establecen que a Xunta de Galicia impulsará un sistema de seguimento da sustentabilidade territorial e das DOT atendendo ás orientacións recollidas no Informe de sustentabilidade ambiental e ás determinacións da Memoria ambiental emitida polo órgano ambiental do procedemento de avaliación ambiental estratéxica e co obxectivo de emprender unha xestión dinámica do territorio. Este sistema de seguimento deberá ser aprobado por decreto do Consello da Xunta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR