Decreto 21/2006, do 9 de febreiro, polo que se regulan as comisións ou grupos de traballo para o desenvolvemento de procesos relativos ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O elevado número de solicitudes que se veñen recibindo para participar nos procesos de selección e de provisión de postos que convoca esta Administración, así como a complexidade que presentan algúns deles de cara á comprobación dos datos dos expedientes dos aspirantes ou para a loxística requirida para o seu desenvolvemento, aconsellan que, en tales casos, se poidan constituír comisións ou grupos de traballo, cando as circunstancias o requiran, que realicen traballos materiais para a elaboración das listas de admitidos e excluídos, para o seu tratamento informático ou para desenvolver outras tarefas de carácter instrumental e de apoio aos órganos competentes necesarias para unha eficaz e eficiente resolución do proceso de que se trate.

Así mesmo, desenvólvense outros procesos que afectan ao persoal desta Administración nos que existe un alto número de solicitudes, como é o caso da repartición do Fondo de Acción Social, para os que tamén se coida conveniente a existencia de tales grupos ou comisións que colaboren materialmente no proceso de resolución.

As comisións ou grupos que se constitúan desenvolverán as funcións técnicas e organizativas que para cada proceso se lles encomenden, de conformidade co establecido na convocatoria, sen que a súa actuación afecte as competencias e á autonomía que corresponden aos tribunais ou outros órganos de selección ou avaliación que, en aplicación da normativa vixente, se constituirán para xulgar capacidade e/ou méritos dos participantes no proceso.

En atención ao exposto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con informe favorable da Comisión de Persoal e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

O órgano competente para convocar probas de selección de persoal, de provisión de postos ou procesos relativos ao persoal que requiran o tratamento dun número elevado de solicitudes, poderá nomear unha comisión ou grupo de traballo.

Tal comisión ou grupo de traballo que se constitúa realizará as funcións auxiliares de carácter técnico e organizativo que lle sexan encomendadas polo órgano convocante do proceso, sen que a súa actuación afecte as competencias e a autonomía dos tribunais ou doutros órganos de selección ou avalia

ción. Cando o seu cometido sexa o tratamento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR