Decreto 95/2004, do 13 de maio, polo que se crea o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Tras as transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia no Servizo Galego de Saúde leváronse a cabo novas accións incrementando recursos para poder atender unha demanda sanitaria cambiante. Neste período o Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo asumiu toda a atención materno-infantil da área e incorporou o Hospital Psiquiátrico do Rebullón. Por outra banda, o Hospital do Meixoeiro sufriu un cambio importante co desenvolvemento de novas unidades, produciuse o traspaso do Hospital Nicolás Peña e a súa ulterior remodelación, reestruturouse a área coa incorporación dun concerto singular sectorizado de Povisa e puxéronse en funcionamento novas unidades de alta especialización.

Así mesmo, o Decreto 37/2001, do 1 de febreiro, configura as áreas de servizo compartido nas estruturas hospitalarias do Sergas, na procura da integración dos recursos asistenciais co fin de lograr unha atención integral, continuada e eficiente. O Instituto Galego de Medicina Técnica constitúe unha área de servizo compartido cos centros Xeral-Cíes e O Meixoeiro.

A crecente complexidade destas circunstancias, xunto coa segmentación da atención hospitalaria nos seus aspectos asistencial, investigador e docente en varios centros de provisión pública, aconsellan acometer un desenvolvemento organizativo que asegure unha adecuada coordinación dos recursos.

A nova organización deberá garantir o crecemento ordenado dos centros públicos, a optimización dos recursos con independencia da súa localización, a dispoñibilidade dos medios por todas as unidades e un rendemento óptimo dos hospitais do Sergas en Vigo.

Para asegurar o dito proceso é preciso crear a estrutura organizativa común que posibilite unha coordinación efectiva, aínda que tendo en conta a diversidade dos recursos humanos e físicos xa existentes.

A Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, recolle no seu artigo 7.6º a posibilidade de organización das áreas sanitarias en dispositivos sanitarios dependentes destas, aos que se lles encomenda a xestión unitaria de hospitais ou complexos hospitalarios. Os xerentes dos devanditos dispositivos sanitarios considéranse órganos periféricos de dirección do Sergas, segundo se establece no artigo 37.2º b). Finalmente, a devandita lei, no artigo 43 e seguintes, regula os instrumentos de organización e xestión necesarios para a adaptación e modernización do sistema sanitario.

É competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, recoñecida no artigo 27.1º do Estatuto de auto

nomía, a organización das súas institucións de autogoberno. Da dita facultade deriva a correspondente capacidade de crear órganos e determinar as súas estruturas co fin de facer viva e viable aquela.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de maio de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Créase o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo como estrutura organizativa sen personalidade xurídica, que integra todos os centros de atención especializada da área de Vigo, que son os seguintes:

-Complexo Hospitalario Xeral-Cíes,

-Hospital do Meixoeiro e

-Hospital Nicolás Peña.

Capítulo I

Estrutura directiva

Artigo 2º Estrutura directiva.

A estrutura mínima do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo componse de órganos unipersoais e órganos colexiados.

  1. Órganos unipersoais.

    Serán os seguintes:

    -O xerente.

    -O director médico.

    -O director de Enfermaría.

    -O director de Recursos Humanos.

    -O director de Xestión e Servizos Xerais e

    -Os directores de centro.

    Por petición do xerente crearanse as subdireccións dependentes dos órganos directivos, sempre que sexa necesario en función da complexidade e desenvolvemento do complexo hospitalario. As funcións que se van desempeñar serán establecidas pola correspondente dirección. Os nomeamentos destes postos serán realizados polo conselleiro de Sanidade por proposta do xerente.

    O máximo responsable do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo é o xerente e dependendo xerarquicamente del ordenarase o resto do equipo directivo. Forman o equipo directivo do complexo o xerente, os directores e os subdirectores.

  2. Serán órganos colexiados do complexo os seguintes:

    1. Como órgano colexiado de dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo constituirase:

      -Comisión de Dirección.

    2. Como órganos técnicos de asesoramento da Comisión de Dirección constituiranse:

      -Comisión de Calidade.

      -Comisión Asistencial e

      -Comités técnico-sanitarios.

    3. Como órganos colexiados de participación constituiranse:

      -Comité de Seguridade e Saúde Laboral, e

      -Comisión de Participación Cidadá.

Artigo 3º Provisión de postos do equipo directivo.
  1. Os postos de carácter directivo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo proveranse, consonte o artigo 62.3º da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, polo sistema de libre designación, mediante convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia.

  2. Poderán participar as persoas que se encontren vinculadas a calquera Administración pública por unha relación funcionarial ou estatutaria, ou contratadas conforme o réxime laboral especial de alta dirección, regulado no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, e de acordo co previsto no artigo 23 da Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Capítulo II

Órganos unipersoais de dirección

Artigo 4º A Xerencia.
  1. Á fronte da Xerencia, como máximo responsable da asistencia especializada da área e da seguridade e saúde dos traballadores do complexo hospitalario, estará o xerente, con titulación de nivel superior, que será nomeado polo conselleiro de Sanidade.

  2. En caso de ausencia, vacante ou enfermidade, o xerente será substituído polo director médico.

Artigo 5º Funcións do xerente.
  1. Serán as seguintes:

    1. Ter a representación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e a superior autoridade e responsabilidade dentro del.

    2. Executar as directrices sinaladas pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde.

    3. Ordenar os recursos humanos, físicos e financeiros do complexo hospitalario, mediante a programación, dirección, control e avaliación do seu funcionamento no conxunto das áreas de xestión clínica, servizos e centros que o compoñen, e con respecto aos servizos que presta.

    4. Elaborar a proposta de obxectivos e plans de actividades estratéxicas do complexo, de acordo coas liñas establecidas polo Servizo Galego de Saúde.

    5. Programar, dirixir e controlar a execución da actividade do complexo, a través dos seus medios materiais e persoais e coordinar as súas unidades.

    6. Elaborar a proposta de anteproxecto de orzamentos do complexo.

    7. Elaborar a proposta de plans anuais de actividade asistencial, económica, investigadora e docente do complexo.

    8. Presentar periodicamente un informe de xestión, así como elaborar a memoria anual de actividades.

    9. Adoptar as medidas necesarias para facer efectiva a continuidade do funcionamento do complexo, especialmente no caso de emerxencias internas ou externas.

    10. Presidir a Comisión de Dirección, formulando para a súa discusión e aprobación os asuntos previstos na proposta de desenvolvemento do proceso de xestión e calquera outro tema que se considere de interese.

    11. ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR