Decreto 73/2006, do 20 de abril, polo que se modifica o Decreto 369/1998, do 10 de decembro, que regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Comisión de Heráldica, foi creada polo Decreto 258/1992, do 10 de setembro, como órgano consultivo da Xunta de Galicia correspondéndolle emitir informe vinculante nos procedementos de aprobación, modificación ou rehabilitación de brasóns ou bandeiras das entidades locais, así como as demais facultades que se lle atribúan regulamentariamente.

Mediante o Decreto 369/1998, do 10 de decembro, regúlanse a composición e funcións da Comisión de Heráldica, co fin de adaptala á Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

A práctica aconsella, tendo en conta o tempo transcorrido desde o inicio da súa actividade, a modificación na composición da citada comisión. Así mesmo, é aconsellable realizar os axustes necesarios derivados da nova estrutura dos departamentos da Xunta de Galicia, fixada polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo do informe da Comisión Galega de Cooperación Local, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e, tras a deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de abril de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícase o Decreto 369/1998, do 10 de decembro, que regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

As modificacións do citado decreto afectarán os seguintes artigos:

  1. O artigo 8º queda redactado como segue:

    A Comisión de Heráldica estará presidida polo director/a xeral con competencias en materia de

    Administración local e integrada por un vicepresidente e cinco vogais:

    a) O vicepresidente/a da comisión, designado polo conselleiro/a con competencias en materia de Administración local.

    b) Catro vogais designados polo conselleiro/a con competencias en materia de Administración local.

    c) Un vogal designado pola asociación de municipios e provincias máis representativa e con maior implantación no territorio da Comunidade Autónoma.

    Os membros que integran a Comisión de Heráldica deberán de reunir algún dos seguintes requisitos:

    -Licenciados/as en ciencias históricas, belas artes, restauración.

    -Especialista en debuxo e deseño heráldico.

    -Pertencer aos corpos facultativos de arquivos e biblioteca, ou de museos.

    -Especialista en vexilología.

    -Especialista en toponimia.

    -Ser membro...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR