Decreto 16/2006, do 2 de febreiro, polo que se aceptan diversas doazóns de obras artísticas feitas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia por Alberto Bruschi, José Ramón de la Bodega Iglesias, Mª Pilar Rodríguez Mariño, Manuel Fraga Iribarne e Mª del Villar Mateo de Arenaza.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 28 de decembro de 2005 e do 3 de xaneiro de 2006, a Consellería de Cultura e Deporte remitiulle á Consellería de Economía e Facenda os expedientes de doazón de obras de arte propiedade de Alberto Bruschi, José Ramón de la Bodega Iglesias, Mª Pilar Rodríguez Mariño, Manuel Fraga Iribarne e Mª del Villar Mateo de Arenaza.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo dos respectivos informes favorables da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.

De acordo co disposto no artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34.1º do Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens, a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos en que Alberto Bruschi, José Ramón de la Bodega Iglesias, Mª Pilar Rodríguez Mariño, Manuel Fraga Iribarne e Mª del Villar Mateo de Arenaza realizaron a oferta de doazón e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aceptar as seguintes doazóns de obras de arte que a continuación se relacionan:

  1. Doador: Alberto Bruschi.

    Tipo de ben: cadro.

    Autor: anónimo. Escola Florentina.

    Título: Retrato de Cosme III de Medici.

    Técnica: óleo sobre tea.

    Cronoloxía: primeiro decenio do S. XVIII.

    Dimensións: 73x58 cm (tea); 118x73x8 cm (con marco).

  2. Doador: José Ramón de la Bodega Iglesias.

    Tipo de ben: pintura.

    Autor: Manuel Torres.

    Título: sen título.

    Técnica: acuarela sobre papel.

    Cronoloxía: ca. 1960.

    Dimensións: 32,5x23,2 cm.

  3. Doador: Mª Pilar Rodríguez Mariño.

    Tipo de ben: fonte de louza.

    Autor: William Ridgway, Staffordshire.

    Título: sen título.

    Técnica: molde/estampación.

    Cronoloxía: ca. 1880.

    Dimensións: 44,5x36 cm.

  4. Doador: Mª Pilar Rodríguez Mariño.

    Tipo de ben: fonte de louza.

    Autor: William Ridgway, Staffordshire.

    Título: sen título.

    Técnica: molde/estampación.

    Cronoloxía: ca. 1880.

    Dimensións: 37x28 cm.

  5. Doador: Manuel Fraga Iribarne.

    Tipo de ben: cadro.

    Autor: Segundo Hevia Torres.

    Título: Panorámica de San Francisco.

    Técnica: acuarela/papel.

    Cronoloxía: 1999.

    Dimensións: 55x75 cm.

  6. Doador: Manuel Fraga Iribarne.

    Tipo de ben: gravado.

    Autor: Javier Aranguren & Eizaguirre.

    ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR