Decreto 68/2009, do 18 de marzo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Vilalba á Comunidade Autónoma de Galicia, dun inmoble con destino á construción dun parque de bombeiros.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Pleno do Concello de Vilalba, en sesión do 28 de xullo de 2008, acordou ceder, a título gratuíto, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, un terreo para a construción dun parque de bombeiros.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de marzo de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase nos termos establecidos polo Concello de Vilalba a cesión, a título gratuíto, do inmoble seguinte:

Parcela E-3 no polígono industrial de Vilalba, dunha superficie de 3.732 m2 e que estrema: norte, parcela 32, parcela 33 e parcela 34; sur, en liña de 22,24 metros, o predio 17.505 segregado desta e a estrada N-634 de Santander á Coruña; leste, Alejo Prieto; oeste, en liña de 6 metros, camiño de acceso e unha liña de 51,12 metros, o predio 17.505 segregado desta. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba no tomo 250, libro 112, folio 168, predio 10.298. Referencia catastral 8661502PH0986S0001AA.

Artigo 2º

O destino do inmoble será a construción dun parque de bombeiros.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR