Decreto 300/2004, do 22 de decembro, polo que se modifica o Decreto 148/2002, do 18 de abril, polo que se establece no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o programa Labora: Xuventude con Experiencia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

O Decreto 148/2002, do 18 de abril, polo que se establece no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o programa Labora: Xuventude con Experiencia, establece no seu artigo 7º.2, a necesidade de que a contratación dos beneficiarios do programa no marco dos programas de cooperación se realice a través do contrato temporal de inserción, nos termos establecidos no artigo 15.1º d) do Estatuto dos traballadores (ET).

A entrada en vigor o pasado día 23 de xullo de 2004 da Orde TAS/2435/2004, do 20 de xullo, supón excepcionar a utilización do contrato de inserción en determinados programas públicos de mellora da empregabilidade, entre os que se atopan os programas de cooperación que xestiona a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a través da Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Á vista do anterior, resulta conveniente proceder á adaptación da normativa autonómica e, en concreto, a modificación do Decreto 148/2002, do 18 de abril, no que atinxe a este tipo de contratos.

Con base no anterior, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais informado o Comité Autonómico de Emprego e consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de decembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícase o artigo 7º, que en diante terá a seguinte redacción:

Artigo 7º.-Programas de cooperación.

1. Aos beneficiarios que se incorporen a través dos programas de cooperación ofertaráselles un contrato de traballo nunha categoría profesional adecuada á súa titulación académica por un período mínimo de 12 meses, que desenvolverán en calquera concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os beneficiarios percibirán un incentivo á mobilidade xeográfica se o centro de traballo estivese situado nun concello distinto ao do seu domicilio, agás que estes disten menos de 25 quilómetros entre as súas cabeceiras.

3. Aos beneficiarios que teñan fillos e os que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, ofertaráselles un contrato de traballo no seu concello de residencia ou naqueles que disten menos de 25 quilómetros entre...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR