Decreto 594/2005, do 29 de decembro, sobre a distribución de competencias na aplicación e control da condicionalidade en relación coas axudas directas da política agrícola común.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Regulamento (CE) 1782/2003, do consello, do 29 de setembro, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores, establece no seu título II, capítulo 1, os requisitos principais para a aplicación da condicionalidade, concretados na obriga dos agricultores e gandeiros que reciben pagamentos directos de cumprir os requisitos legais de xestión sinalados no seu anexo III, así como as boas condicións agrarias e ambientais establecidas no seu anexo IV. Ademais, no seu artigo 25, prevense as normas xerais para a realización dos controis da condicionalidade.

Pola súa banda, o Regulamento (CE) 796/2004, da comisión, do 21 de abril, polo que se establecen disposicións para a aplicación da condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión e control previstos no Regulamento 1782/2003, desenvolve no seu título III, capítulo III, os aspectos relacionados cos controis administrativos e sobre o terreo que garantan a comprobación eficaz do cumprimento dos requisitos e normas aplicables en relación coa condicionalidade; e no título IV, capítulo II, a aplicación das reducións e exclusións dos pagamentos directos nos casos do seu incumprimento.

De conformidade coa dita normativa comunitaria, o Real decreto 2352/2004, do 23 de decembro, sobre a aplicación da condicionalidade en relación coas axudas directas no marco da política agraria común (BOE nº 309, do 24 de decembro), establece as boas condicións agrarias e ambientais que deberá cumprir o agricultor de acordo coa condicionalidade das axudas directas da política agrícola común, así como un sistema para a aplicación dos controis e as reducións nos pagamentos ou a súa exclusión.

O artigo 6 do dito real decreto atribúelle ao Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) a condición de autoridade nacional encargada do sistema de coordinación dos controis da condicionalidade, precisando, así mesmo, que serán os órganos competentes da respectiva comunidade autónoma, na súa condición de autoridades responsables no seu ámbito territorial das actividades de control, as que designen os correspondentes órganos ou organismos de control para asegurar a observancia dos requisitos legais de xestión e para velar, de ser o caso, polo

cumprimento das boas condicións agrarias e ambientais. En todo caso, a autoridade para o cálculo da axuda, as reducións e exclusións e o pagamento das axudas será o organismo pagador da comunidade autónoma.

A Lei 7/1994, do 29 de decembro, pola que se crea o organismo actualmente denominado Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), atribúelle ao dito organismo autónomo, entre outras, as competencias para a xestión das accións derivadas da política agraria común (PAC). Pola súa banda, o Decreto 259/1996, do 13 de setembro, modificado polo Decreto 93/1998, do 20 de marzo, constitúe o Fogga, na Comunidade Autónoma de Galicia, como organismo pagador dos gastos que leva consigo a execución da PAC con cargo ao FEOGA-Garantía.

Procede, polo tanto, precisar nesta comunidade autónoma cales son os órganos competentes para desenvolver as actividades de control do cumprimento dos requisitos legais de xestión, nos ámbitos enumerados no artigo 4.1º do Regulamento (CE) 1782/2003, do 29 de setembro, tendo en conta a normativa específica de aplicación en materia de ambiente, saúde pública, sanidade animal, identificación e rexistro dos animais, notificación de enfermidades e benestar dos animais, e para velar polo cumprimento das boas condicións agrarias e ambientais, así como prever o establecemento dos mecanismos necesarios de cooperación entre os órganos con competencias nas materias relacionadas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR