Decreto 89/2008, do 17 de abril, de creación do Consello Galego de Colexios de Economistas.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire, no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, completando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia, tendo a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, asignadas as competencias nesta materia, en virtude do Decreto 37/2007, do 15 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da citada consellería.

A creación e a aprobación dos estatutos dos consellos galegos de colexios profesionais con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, a través de decreto, que debe, así mesmo, aprobar os correspondentes estatutos, segundo dispón o artigo 23 da Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A creación do consello exixirá o acordo favorable da maioría dos colexios afectados e os seus estatutos deberán ser elaborados polos colexios profesionais que o vaian integrar e aprobados por acordo das xuntas de goberno, que deberá ser ratificado polas xuntas xerais de cada colexio. Será necesario o acordo favorable da maioría dos colexios afectados, sempre que estes representen a maioría dos colexiados da profesión en Galicia.

Os colexios de economistas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, acordaron promover a creación do Consello Galego de Colexios de Economistas e así o solicitaron ante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, achegando as certificacións correspondentes a cada colexio dos acordos favorables á creación do devandito consello e da aprobación dos seus estatutos.

Tendo en conta o exposto, e en virtude do uso da competencia atribuída polo artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de abril de dous mil oito,

dispoño:

Artigo 1º Creación do Consello Galego de Colexios de Economistas.

Créase o Consello Galego de Colexios de Economistas co ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Aprobación dos estatutos do Consello Galego de Colexios de Economistas.

Apróbanse, por ser adecuados á legalidade, os estatutos do devandito consello, que figuran como anexo a este decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de abril de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Estatutos do Consello Galego de Colexios de Economistas

Título I. Disposicións xerais. Capítulo I. Composición, natureza, personalidade xurídica e domicilio. Artigo 1º.-Composición. Artigo 2º.-Natureza. Artigo 3º.-Emblema. Artigo 4º.-Domicilio. Capítulo II. Finalidade e funcións. Artigo 5º.-Finalidade. Artigo 6º.-Funcións.

Título II. Órganos do consello. Capítulo I. Órganos de goberno. Artigo 7º.-Da xunta directiva. Capítulo II. Funcionamento. Artigo 8º.-Competencias. Artigo 9º.-Reunións. Artigo 10º.-Acordos.

Título III. Dos cargos do consello. Capítulo I. Do presidente e do vicepresidente. Artigo 11º.-Do presidente. Artigo 12º.-Do vicepresidente. Capítulo II. Do secretario e do tesoureiro. Artigo 13º.-Das funcións do secretario e do vicesecretario. Artigo 14º.-Das funcións do tesoureiro. Artigo 15º.-Do vicesecretario. Capítulo III. Das comisións. Artigo 16º.-Das comisións.

Título IV. Do réxime económico. Artigo 17º.-Do réxime económico. Artigo 18º.-Do financiamento. Artigo 19º.-Do orzamento e das contas anuais.

Título V. Do réxime disciplinario. Artigo 20º.-Das funcións disciplinarias. Artigo 21º.-Dos expedientes disciplinarios.

Título VI. Dos recursos. Artigo 22º.-Dos acordos dos colexios de economistas. Artigo 23º.-Dos acordos do Consello Galego de Colexios de Economistas.

Título VII. Das relacións do Consello Galego de Colexios de Economistas. Artigo 24º.-Das relacións cos colexios de economistas. Artigo 25º.-Das relacións coas universidades de Galicia. Artigo 26º.-Das relacións coa Xunta de Galicia, institucións e entes públicos galegos.

Disposicións adicionais.

TÍTULO I

Disposicións xerais

CAPÍTULO I

Composición, natureza, personalidade xurídica e domicilio

Artigo 1º Composición.

O Consello Galego de Colexios de Economistas está integrado polos colexios de economistas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Artigo 2º Natureza.

O Consello Galego de Colexios de Economistas é unha corporación de dereito público, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, e rexerase polas disposicións legais estatais e autonómicas que o afecten, polo presente estatuto, polos seus regulamentos de réxime interior e polos acordos aprobados polos diferentes órganos corporativos no ámbito das súas respectivas competencias.

No seu respectivo ámbito de actuación, cada un dos colexios que compoñen este consello é autónomo e ten, separada e individualmente, personalidade xurídica e plena capacidade de obrar para cumprir os seus fins, podendo, a título oneroso ou lucrativo, transferir, vender, gravar, posuír e reivindicar toda clase de bens e dereitos e, en xeral, ser titulares de todo tipo de dereitos, exercitar ou soportar calquera acción, reclamación ou recurso en todas as vías e xurisdicións, incluída a constitucional.

Artigo 3º Emblema.

O Consello Galego de Colexios de Economistas terá un emblema composto pola superposición do escudo de Galicia, tal como se describe na Lei de símbolos do Parlamento de Galicia, sobre o escudo dos colexios de economistas.

Artigo 4º Domicilio.

O Consello Galego de Colexios de Economistas terá a súa sede na correspondente á Delegación en Santiago de Compostela do Colexio de Economistas da Coruña.

CAPÍTULO II

Finalidade e funcións

Artigo 5º Finalidade.

O consello terá por finalidade agrupar, coordinar os colexios integrados nel e asumir a súa representación nas cuestións de interese común perante a Xunta de Galicia e, en xeral, ante calquera organismo, institución ou persoa, física ou xurídica, que sexa necesario para o cumprimento dos seus fins, sen prexuízo da autonomía e competencia de cada colexio, defendendo e protexendo os intereses profesionais dos economistas no ámbito territorial da súa competencia.

Artigo 6º Funcións.

No ámbito territorial da súa competencia, terá as seguintes funcións:

  1. As atribuídas ao Consello Xeral de Colexios de Economistas de España, pola Lei de colexios profesionais en canto teñan ámbito ou repercusión só no territorio da Comunidade Autónoma galega e cantas outras lle fosen encomendadas por virtude de disposicións xerais ou especiais, sempre que non interfiran na autonomía e nas competencias propias de cada colexio.

  2. Elaborar e aprobar os seus propios estatutos e emitir informe dos colexios, que o integren.

  3. Coordinar as actuacións dos colexios que o integren.

  4. Formar e manter o censo dos economistas incorporados aos colexios de economistas de Galicia.

  5. Exercer as funcións disciplinarias respecto dos membros dos órganos de goberno dos colexios que o integren e os do propio consello.

  6. Fomentar, crear e organizar institucións, servizos e actividades, con relación á profesión de economista que teñan por obxecto a formación e perfeccionamento profesional, a promoción cultural, a asistencia social e sanitaria, a previsión, a cooperación e o mutualismo, o fomento da ocupación e outras actuacións convenientes. Para tales fins, establecer os concertos ou acordos máis oportunos coa Administración e as institucións ou entidades, públicas ou privadas, que correspondan.

  7. ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR