Decreto 38/2006, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 294/2002, do 17 de outubro, polo que se constitúe e regula a composición e as funcións do Consorcio Audiovisual de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

No Diario Oficial de Galicia nº 208, do 28 de outubro de 2002, publicouse o Decreto 294/2002, do 17 de novembro, polo que se constitúe e regula a composición e as funcións do Consorcio Audiovisual de Galicia.

Coa vixente estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Consello da Xunta de Galicia considera necesario modificar a súa representación no Consorcio Audiovisual de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de marzo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Modifícase o número 2 do artigo único do Decreto 294/2002, do 17 de outubro, que queda redactado nos seguintes termos:

O Consorcio Audiovisual de Galicia estará constituído pola Xunta de Galicia representada pola Secretaría Xeral de Comunicación, a Consellería de Economía e Facenda, a Consellería de Cultura e Deporte, a Consellería de Innovación e Industria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Política Lingüística; pola Compañía de Radiotelevisión de Galicia e polas deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; e goza de personalidade xurídica propia e capacidade suficiente para o cumprimento das súas finalidades.

A composición do Consello de Dirección, no que se refire á representación da Xunta de Galicia, será:

  1. Presidente, que será o secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia.

  2. Vicepresidente primeiro, que será o director xeral da Comunicación Audiovisual; vicepresidente segundo, que será o director xeral da Compañía de Radiotelevisión de Galicia e vicepresidente terceiro, que será o director xeral de Creación e Difusión Cultural.

  3. Seis vogais en representación da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se designarán da seguinte forma: un pola Secretaría Xeral de Comunicación, un pola Consellería de Economía e Facenda, un pola Consellería de Cultura e Deportes, un pola Consellería de Innovación e Industria, un pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e un pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

  4. Un vogal en representación da Compañía de Radiotelevisión de Galicia.

  5. O...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR