DECRETO 86/2013, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 39/2013, do 21 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

Por Decreto 39/2013, do 21 de febreiro, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ao exercicio de 2013 para persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia.

No artigo 2 do citado decreto cuantifícase a oferta de emprego: 200 prazas do corpo de mestres e 22 prazas do corpo de inspectores de Educación.

Coa finalidade de clarificar a procedencia das citadas prazas, resulta conveniente modificar ese decreto.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e a súa Presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro, 2/2007, do 28 de marzo, e 12/2007, do 27 de xullo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de xuño de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación dos artigos 1 e 2 do Decreto 39/2013, do 21 de febreiro

O artigo 1 do Decreto 39/2013, do 21 de febreiro, queda redactado como segue:

Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público dos corpos docentes.

Apróbase a oferta de emprego público correspondente aos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, correspondente ao presente exercicio, nos termos que se establecen neste decreto e de conformidade co disposto no artigo 31.6 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia. A determinación de prazas e a súa correlación coas ofertas de emprego público dos anos 2012 e 2013, é a expresada no artigo 2

.

O artigo 2 do Decreto 39/2013, do 21 de febreiro, queda redactado como segue:

  1. Cuantificación da oferta de emprego público.

    Corpo de mestres: 200

    Corpo de inspectores de Educación: 22

  2. Do total...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR