DECRETO 198/2012, do 27 de setembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2012.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e o Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevén a convocatoria periódica de procedementos de selección de persoal estatutario fixo que garantan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no seu acceso.

As necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto da oferta de emprego público, que aprobarán os órganos de goberno das administracións públicas e que, como instrumento de xestión da provisión das necesidades de persoal, poderá conter ademais medidas derivadas da planificación de recursos humanos, tal e como así se dispón no artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

A Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, establece os criterios xerais para a incorporación de persoal de novo ingreso ao sector público galego no ano 2012, determinando que como máximo será igual ao 10 % da taxa de reposición de efectivos e se concentrará nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais.

Máis recentemente, o Real decreto lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público, logo de establecer no seu artigo 3.un), precepto de carácter básico, o mandato xeral de non incorporación de novo persoal ao sector público ao longo do ano 2012, exceptúa da dita limitación as administracións públicas con competencias sanitarias respecto das prazas de hospitais e centros de saúde do Sistema nacional de saúde, en que a taxa de reposición se establece no 10 %.

O último proceso de selección de persoal estatutario fixo no ámbito do Servizo Galego de Saúde iniciouse co Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aprobou a oferta de emprego público correspondente ás categorías de persoal estatutario licenciado sanitario, seguido do Decreto 25/2009, do 12 de febreiro, que aproba a oferta de emprego público dos restantes colectivos; sendo as categorías de facultativa/o especialista de área e médica/o de urxencias hospitalarias as primeiras en finalizar a súa selección e incorporarse aos destinos adxudicados.

Tendo transcorrido un ano desde esta última data e concorrendo a necesidade e prioridade de incorporar novas/os profesionais nas ditas categorías, pola condición de servizo público esencial da actividade que realizan, cómpre iniciar un novo procedemento de selección de persoal fixo nas categorías de facultativa/o especialista de área e médica/o de urxencias hospitalarias, coa aprobación do previo e preceptivo decreto de oferta de emprego público.

Para o cómputo das prazas ofertadas tívose en consideración a aplicación da porcentaxe da taxa de reposición fixada pola normativa orzamentaria.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Sanidade, tras a negociación coa representación sindical no seo da Mesa sectorial de negociación do persoal sanitario ao servizo da comunidade autónoma e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de setembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1 Aprobación da oferta de emprego público
  1. De conformidade co disposto no artigo 13.8º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no artigo 30 e na disposición adicional décimo primeira da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, así como no artigo 3 do Real decreto lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público; apróbase a oferta de emprego público de diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde para o ano 2012 nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2 Cuantificación da oferta de emprego público
  1. Na oferta de emprego...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR