Decreto 59/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 29, establece os criterios en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección de persoal, nos cales deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

O artigo 30 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2008, determina que o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar, por proposta das consellerías competentes na materia e o informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afectar o funcionamento dos servizos públicos esenciais, e que se concretarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios, sen que o número das prazas de novo ingreso poida ser superior ao cento por cento da taxa de reposición de efectivos; esta limitación non é aplicable á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en relación co número de prazas para o acceso ao corpo de funcionarios docentes para o desenvolvemento da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Polo anterior, e tendo en conta a planificación educativa e as prazas vacantes nos distintos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2008.

Na súa virtude, consultada a mesa sectorial docente non universitaria, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de marzo de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º Aprobación da oferta de emprego público dos corpos docentes.

Apróbase a oferta de emprego público correspondente aos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o ano 2008 nos termos que se establecen neste decreto, e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR