Decreto 50/2007, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 29, establece os criterios en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección de persoal, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

O artigo 28 da Lei 14/2006, do 29 de decembro, de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2007, determina que o Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da consellería competente na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que considere que poidan afectar o funcionamento dos servizos públicos esenciais.

A disposición transitoria décimo sétima da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, prevé a adopción de medidas que permitan a redución da porcentaxe de profesorado interino nos centros educativos, prescribindo que durante os anos de implantación desta, o acceso á función pública docente se realizará mediante un procedemento selectivo en que na fase de concurso se valorarán a formación académica e, de forma preferente, a experiencia docente previa nos centros públicos na mesma etapa educativa, ata os límites legais permitidos.

Así mesmo, a disposición transitoria terceira da Lei 14/2006, do 29 de decembro, de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2007, autoriza, de conformidade co establecido na disposición transitoria quinta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a que o persoal laboral fixo que realice funcións docentes en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se incorporasen a estes con anterioridade á entrada en vigor da citada lei ou se incorporen durante os tres primeiros anos da súa aplicación, procedentes de centros dependentes de calquera Administración pública, como consecuencia da integración destes centros na rede de centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, poidan acceder aos corpos docentes a través dunha quenda...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR