Decreto 233/2005, do 14 de xullo, polo que se establece o currículo dos estudos superiores de deseño e se regula o acceso ás ditas ensinanzas.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A sección terceira do título VI da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, regula as ensinanzas das artes plásticas e de deseño, establecéndose no artigo 49.2º que terán consideración de estudos superiores as ensinanzas de deseño que oportunamente se implanten e que, ao remate dos ditos estudos se outorgará o título de deseño na especialidade correspondente, que será equivalente, para todos os efectos, ao título de diplomado universitario.

Co fin de que o ensino e a aprendizaxe se desenvolvan en condicións suficientes de calidade, o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, ao clasificar e definir os distintos modelos de centros, regula os centros superiores de deseño e establece as ensinanzas que poden impartir.

O Real decreto 1496/1999, do 24 de setembro, establece os estudos superiores de deseño e as ensinanzas mínimas e regula a proba de acceso. Procede, xa que logo, establecer o currículo e regular o acceso ás ditas ensinanzas para a súa aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Co precedente dunha ampla e antiga tradición artesá e da repercusión que a revolución industrial exerceu na arte e nos oficios, os estudos de deseño inscríbense hoxe nun contexto histórico no que o deseño supón un factor de valor engadido, de competitividade e de diferenciación do produto industrial, que tende unha ponte entre industria e creación, terminando coa secular desconexión entre ambas as dúas. A acelerada sucesión dos cambios que veñen caracterizando o contexto propio dos países avanzados e o progresivo desenvolvemento das tecnoloxías e dos xeitos de comunicación, coincidiron cunha nova sensibilidade sobre o medio e sobre a calidade de vida, o que propiciou un modelo de consumo cada vez máis crítico, selectivo e responsabilizado. Todo iso configura un perfil profesional no que o deseñador analiza, investiga e determina as propiedades e as calidades físicas, así como os valores simbólicos comunicativos que deben caracterizar as súas producións, definindo a súa forma, a súa configuración, a súa calidade, o seu funcionamento, o seu valor e a súa significación estética e social. As exixencias dunha formación eficaz e profesional dos futuros deseñadores deben incluír criterios de programación dos contidos que atendan, ademais, ao carácter humanístico destas ensinanzas, de xeito que a formación nas artes, na ciencia, na técnica e no uso das tecnoloxías garanta a permanencia e a flexible adecuación destes estudos ás necesidades e demandas sociais.

Dentro deste contexto formúlase este decreto, que responde á necesidade de proporcionar aos futuros deseñadores unha formación artística, científica e técnica que lles permita analizar, investigar e determinar as propiedades e as calidades físicas, así como os valores simbólicos e comunicativos que deben caracterizar as súas producións.

Por todo o exposto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, tras o informe do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.
  1. Este decreto establece o currículo e a forma de acceso correspondentes ás ensinanzas superiores de deseño. O plan de estudos comprende, para cada unha das especialidades, tres cursos académicos e mais a realización dun proxecto final de carreira. As especialidades son:

    -Deseño gráfico.

    -Deseño de interiores.

    -Deseño de moda.

    -Deseño de produtos.

  2. A carga lectiva total é de 273 créditos, dos que 270 corresponden á formación no centro educativo e os tres créditos restantes ao seguimento do proxecto final de carreira mediante unha titoría. Enténdese como crédito a unidade de valoración da actividade académica equivalente a dez horas lectivas.

  3. No currículo intégranse as ensinanzas mínimas fixadas no Real decreto 1496/1999, do 24 de setembro.

Artigo 2º Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º Currículo

De acordo co disposto no artigo 8.1º da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, enténdese por currículo dos estudos superiores de deseño o conxunto de obxectivos, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación desta ensinanza de réxime especial.

Artigo 4º Fins.
  1. A finalidade dos estudos superiores de deseño é a formación de profesionais do deseño cualificados para a mellora da creación, o desenvolvemento, o uso e o consumo das producións industriais e dos servizos.

  2. Os estudos superiores de deseño teñen como obxectivos xerais o desenvolvemento no alumnado, de xeito integrado, das seguintes capacidades:

  1. Coñecer o marco económico e organizativo no que se desenvolve a actividade empresarial, así como a capacidade do deseño de intervir como factor de identidade, de innovación e de desenvolvemento da calidade.

  2. Comprender os produtos e os servizos do deseño como o resultado da integración de elementos formais, funcionais e comunicativos que responden a criterios de demanda social, cultural e de mercado.

  3. Entender, formular e resolver os problemas formais, funcionais, técnicos e de idoneidade produtiva e socioeconómica que se presenten no exercicio da actividade profesional do deseñador, adaptándose á evolución dos procesos tecnolóxicos e industriais e ás concepcións estéticas e socioculturais.

  4. Desenvolver a imaxinación, a sensibilidade artística, as capacidades de análise e síntese, e o sentido crítico, así como potenciar as actitudes creativas necesarias para a resolución dos problemas propios desta actividade.

  5. Valorar e seleccionar con rigor crítico a significación artística, cultural e social do deseño enriquecida pola evolución da investigación científica e polo progreso tecnolóxico.

  6. Desenvolver capacidades de autoaprendizaxe e transferencia dos coñecementos.

  7. Estimular o interese pola protección, a promoción e o crecemento do legado patrimonial, así como polo fomento da identidade e da cohesión cultural das sociedades en que o dito legado se xere.

  8. Traballar con aproveitamento en equipos de carácter multidisciplinar, garantindo a utilización adecuada e integrada dos criterios, os coñecementos, as habilidades e as destrezas que se adquiriran durante o proceso de aprendizaxe.

Artigo 5º Obxectivos.

Os estudos superiores de deseño teñen como obxectivos específicos, referidos a cada unha das especialidades, o desenvolvemento no alumnado, de xeito integrado, das seguintes capacidades:

  1. Xerar solucións creativas aos problemas de forma, función, configuración, finalidade e calidade dos obxectos e dos servizos mediante a análise, a investigación e a determinación das súas propiedades e calidades físicas, e dos seus valores simbólicos e comunicativos.

  2. Concibir e desenvolver correctamente os proxectos de deseño e as súas maquetas ou prototipos, observando os requisitos e os condicionantes previos, aplicando criterios que comporten o enriquecemento e a mellora da calidade no uso e no consumo das producións.

  3. Coñecer e comprender a significación das producións artísticas e utilitarias como produto manifesto da evolución do coñecemento científico, dos modelos e das estruturas sociais e das diversas conceptualizacións estéticas, e analizar a súa influencia na evolución sociolóxica do gusto e na fenomenoloxía do deseño contemporáneo.

  4. Xerar procesos de ideación e creación tanto artísticos como técnicos, resolvendo os problemas que nos procesos de bosquexamento e realización se poidan formular.

  5. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade dos proxectos, desde criterios de innovación formal, xestión empresarial e demandas do mercado.

  6. Coñecer as características, as propiedades, as calidades, os comportamentos e a capacidade de transformación dos principais materiais que compoñen os produtos e que afectan os procesos creativos da súa configuración formal.

  7. Adquirir unha visión cientificamente fundamentada sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor. Ademais, canto á cor, coñecer as leis, a medida, os códigos normativos e o seu desenvolvemento e fabricación en cada sector produtivo vinculado coa especialidade correspondente.

  8. Analizar, interpretar, adaptar e producir información que afecte a realización dos proxectos, xa sexa no relativo aos distintos procesos de investigación e desenvolvemento dos produtos e dos servizos, ou xa aos requisitos materiais e de idoneidade produtiva, como, de ser o caso, ás instrucións de mantemento, de uso ou de consumo.

  9. Coñecer, aplicar e desenvolver correctamente as técnicas e os procedementos propios dos distintos laboratorios e obradoiros, así como saber controlar e avaliar a calidade das producións.

  10. Coñecer as ferramentas, os equipamentos, a maquinaria, os procesos e as fases de fabricación, produción e/ou manufactura máis usuais no ámbito sectorial correspondente, así como adoptar as medidas de mantemento periódico dos equipamentos e da maquinaria utilizados, observando con detalle as especificacións técnicas.

  11. Adoptar a normativa que regula e condiciona a actividade profesional do deseñador e as medidas sobre a protección da creación e da produción artística e industrial.

  12. Utilizar...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR